Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

martes, 29 de mayo de 2018

Estudar Artes Plásticas e Deseño

As ensinanzas de artes plásticas e deseño comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas modalidades de deseño, conservación e restauración de bens culturais. 
Dentro destas ensinanzas temos a seguinte oferta en Galicia:
  • Os ciclos de artes plásticas e deseño.
  • Estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturáis.
  • Estudos superiores de Deseño. 
AS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO:


Estas ensinanzas organízanse en Ciclos formativos de grao Medio e Superior. 

Teñen unha duración de 2 cursos académicos.  

Para acceder a estes ciclos hai que cumprir uns requisitos académicos e superar unhas probas específicas de aptitudes que valorará as  aptitudes artísticas, e que consiste basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos.

Normalmente despois da ESO accédese ós Ciclos formativos de grao Medio, e despois do Bacharelato ós Ciclos formativos de grao Superior. 

Para quen non posúa os requisitos académicos poderá acceder mediante unha proba de madureza. E quen teña determinadas titulacións poderá acceder sin ter que superar a proba específica de aptitudes. 

Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e deseño.

A inscrición nas probas é en xuño.

Ó rematar o ciclos medio obtense o título de técnico.

Acceso ós ciclos de grao medio:

Accédese co título de ESO ou bacharelato e coa superación da proba específica que consiste en exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, histórico artísticos, e debuxo. VER MODELOS DE PROBAS.
  • Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento, nun tempo máximo dunha hora, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. 
  • Segundo exercicio: realización. Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais. 
  • Terceiro exercicio: execución. Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos, podes acceder coa superación (ademais da proba específica) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO e consta de 2 partes. VER MODELOS DE PROBAS. 
  • 1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico—tecnolóxico e sociocultural Hai que escoller tres materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas.
  • 2ª parte: Educación plástica e visual. Realización, durante un tempo máximo de tres horas, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas: Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
  • Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas. 
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. 
  • Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para ás ensinanzas artísticas superiores, ou para ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior. 
  • Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.


Acceso ós ciclos Formativos de Grao Superior:


Accédese directamente, sin ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato en artes.

De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de Bacharelato e coa superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artes plásticas e coñecementos histórico - artísticos. VER MODELOS DE PROBAS.
  • Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
  • Segundo exercicio: realización. Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización.Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
  • Terceiro exercicio: execución. Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, da forma que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo a que a persoa aspirante pretende acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.
De non ter superado ningún Bacharelato, pódese acceder mediante a superación dunha proba de madureza, se tes 19 anos (18 no caso de ter un título de Técnico de artes plásticas da mesma familia profesional). Dita proba ten 2 partes. VER MODELOS DE PROBAS. 
  • 1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou francés, Hª España, Filosofía). Hai que escoller tres materias e desenvolver por escrito unha cuestión entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de co- ñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.
  • 2ª Parte: Proba de Historia da Arte. 

A proba de madureza poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas: 
  • Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  • Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
  • Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.
A inscrición nas probas é en xuño. 

Obtense o título de técnico Superior que dá acceso a certas titulacións universitarias e aos estudos superiores de Deseño.


EXENCIÓN DA PROBA ESPECÍFICA PARA O ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES DE ARTES PLÁSTICAS:

Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións: 

a) Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato experimental. 
b) Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes. 
c) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades. 
d) Licenciatura ou grao en Belas Artes. 
e) Arquitectura ou grao en Arquitectura. 
f) Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

Así mesmo, estará exento de realizar a proba específica de acceso ao grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.


Familias Profesionais de Artes Plásticas e Deseño:

Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao Superior. A continuación presentámosche as familias ofertadas en Galicia: 

  • Comunicación gráfica e audiovisual.
  • Escultura
  • Cerámica artística
  • Deseño de interiores
  • Xoiaría artística
  • Artes aplicadas ao libro

Onde Estudar Estes Ciclos:

Existen escolas de artes públicas nas seguintes cidades de Galicia: A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo. En Vigo hai Escola Municipal de Artes e Oficios (con ensinanzas non regradas). Ver oferta na web da Consellería


A Coruña
(Escola de Artes Pablo Picasso)
EASD PABLO PICASSO
R/ Os Pelamios, s/n. 15001- A CORUÑA
Tel. 981 225 396 / Fax: 981 228 078
www.eapicasso.com
escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
Santiago
(Escola De Artes Mestre Mateo)
EASD MESTRE MATEO
R/ Virxe da Cerca, 32. 15703- SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tel. 981 587 757 / 981 587 733
www.easd.es
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
Lugo
(Escola De Artes Ramón Falcón)
EASD RAMÓN FALCON
Paseo dos estudantes, s/n. 27002- LUGO
Tel. 982 220 790 / 982 220 792
www.escoladeartelugo.com
escola.arte.ramon.falcon@edu.xunta.es

Ourense
(Escola De Artes Antonio Faílde)
EASD ANTONIO FAILDE
Avda. da universidade, 18. 32005- OURENSE
Tlf: 988 238 365
www.escolarte.com
info@escolarte.com
PONTEVEDRA (CE.ART AULA D)
(Centro privado)
CE.ART AULA D (Centro privado)
R/ Ourense, 4, patio central baixo. 36211- VIGO
Tel: 986 213 627/ 986 214 062
www.aulad.com
info@aulad.com
CS Gráfica publicitaria
CS Proxectos e dirección de obras de decoración
PONTEVEDRA
(CE.ART ATLÁNTICO) (Centro privado)
CE.ART ATLÁNTICO (Centro privado)
Avda. da Ponte, 9. 36215- VIGO
Tel. 986 266 058 FAX: 986 267 276
www.escuelatlantico.com
info@escuelatlantico.com
CM Procedementos de xoiaría artística
CS Xoiaría artística
VIGO
(CE.ART TEX-MODA) (Centro privado)
CE.ART TEX-MODA (Centro privado)
Parque Tecnolóxico Loxístico. Valadares, Área Texvigo r/C, Ed. Dotacional, Baixo. 36314- VIGO
ceart.texmoda@edu.xunta.es
CS Estilismo de indumentaria
VIGO
(CE.ART MARCOTE)
(Centro privado)
CE.ART MARCOTE (Centro privado)
Escola de Imaxe e Son de Vigo. EISV
Avda. da Ponte, 80. 36215- VIGO
Tel. 986 378 467 Fax: 986 372 527
www.eisv.net
informacion@eisv.net
CS Fotografía
CS Gráfica publicitaria



Pixabay
CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS: 
Trátase dun grao que ten como obxectivo formar a profesionais que terán como responsabilidade velar polo bo estado do patrimonio artístico.


Pódese  escoller entre 7 especialidades diferentes: Arqueoloxía, Pintura, Escultura, Documento gráfico, Bens Arqueolóxicos, Textiles, Mobiliario.
Obtense o Título de graduado universitario.
Pódese acceder directamente co Título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño (para os cales se reserva un 20% das prazas) . Se tes un título de Bacharelato ou equivalente terás superar unha proba específica de acceso que se convoca anualmente en xuño nos centros onde se imparte o grao. Para o alumnado que accede por proba resérvase o 80% das prazas. Para os que non posúan o título de bacharelato  ou equivalente poderán acceder a través dunha proba de acceso  para maiores de 18 anos, sobre as materias de bacharelato (ver cadro ó final), que se celebrará en xuño.

As partes da proba específica:  VER MODELOS DE PROBAS
-          Comentario dun texto relacionado cos bens culturais.
-          Debuxo a partir dun modelo real e inanimado.
-          Traballo sobre representación da cor.
-          Traballo práctico sobre as aptitudes plásticas.
Exercicio 1. Este exercicio consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do/a alumno/a, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio oscilará entre 0 e 40. 

Exercicio 2. Aptitude plástica. Este exercicio constará das seguintes partes: 
a) Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético, con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo. 
b) Realización dun traballo sobre representación de cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades da cor.  
c) Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo. 

O tempo máximo para a realización deste exercicio determinarao o tribunal de acceso. 
Este exercicio terá por obxecto apreciar as aptitudes dos/as alumnos/as, tanto plásticas como específicas, para a conservación e restauración. 
A súa cualificación será a media aritmética da puntuación obtida en cada epígrafe, que se cualificará entre 0 e 20.
A cualificación global da proba resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O primeiro ponderarase nun 40 % e o segundo nun 60 %. 
Para a superación da proba de acceso exixirase unha cualificación global igual ou superior a 5.

Existe en Galicia unha única Escola de Conservación e Restauración, que se atopa en Pontevedra, e imparte as especialidades de escultura, pintura e arqueoloxía.



OS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO:
Están encaminados á formación de profesionais no mundo do deseño nas especialidades de moda, interiores, produtos e deseño gráfico. Teñen unha duración de 4 anos. A titulación que se obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente a un grao universitario.

Estes estudos impártense nos seguintes centros: Ver oferta na web da Consellería. 

Formas de acceso:
  • Terán acceso directo os alumnos que teñan o título de Técnico Superior de Artes plásticas e deseño, para os cales se reserva un 20% das prazas. 
  • Accederán mediante proba específica os alumnos que teñan o título de bacharelato ou equivalente. A inscrición nesta proba é a comezos de xuño. Consta de dúas partes. VER MODELOS DE PROBAS.
1ª Parte da proba: Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
  • A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
  • A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
  • O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
  • A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.

2ª Parte: Durante un máximo de catro horas, os aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo: 
  • 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar, proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A4. 2. 
  • 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas aos estudos que se aspira a cursar, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución.

Como a continuación se sinala, tamén a estes estudos se poderá acceder sin o bacharelato ou equivalente a través dunha proba de acceso para maiores de 18 anos.
VER MODELOS DE PROBAS.



ENLACES PARA INFORMARSE:








2 comentarios:

  1. Tengo 47 años y tengo varios cursos de ebanistería y carpintería y quería sacar la titulación de ebanistería, pero tengo discapacidad intelectual. Donde puedo cursar el curso gratis,no tengo medios económicos, estoy en el paro hace muchos años.gracias
    626005386,Angel.


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola. Te recomiendo que te pases por algún instituto y pidas a un orientador que te informe de la oferta de FP de madera por adultos y de otros itinerarios que te podrían interesar teniendo en cuenta tus necesidades. Un saludo.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...