Páginas

viernes, 11 de mayo de 2012

Consellos para a selectividade



Aquí van uns consellos moi interesantes que están publicados na web do IES Pino Manso. 



CONSELLOS PRÁCTICOS PARA SUPERAR A SELECTIVIDADE:

Dentro de pouco celebraranse os exames de selectividade. É un momento no que os Estudantes estades especialmente nerviosos e debido a iso podedes ter máis dificultades das que a propia proba supón. É convinte por tanto que teñades en conta unha serie de consellos.

PARA OS DÍAS PREVIOS A PROBA:
  • É importante ter un plan de estudos organizado e facer esquemas de todo o aprendido. Non tratar de estudar moito, senón aproveitar o tempo que lle dediques.
  • Evita darte o atracón os últimos días, trata de relaxarte e repasa con tranquilidade. É mellor fixar a información esencial que querer abarcar todos os datos e ter confusións. O traballo xa o fíxeche durante o curso.

PARA OS DÍAS DA PROBA :

O éxito deste exame depende da preparación, pero tamén da madurez que teñas para afrontar os estudos superiores. Un signo de madurez é controlar as circunstancias e os imprevistos que rodean as probas, tratando de rexeitar os pensamentos negativos sobre os resultados, centrándote na idea de que o importante é o esforzo que tes realizado para preparar o exame. Debes ter en conta o seguinte:

  • Presta atención ás indicacións dos examinadores.
  • As probas esixen silencio, o tribunal examinador pódete expulsar se incumpres as normas.
  • As probas son anónimas polo que non debes poñer o teu nome en ningunha folla (para evitar privilexiar a ninguén)
  • Puntualidade. Hai que chegar pronto ao exame para evitar os nervios de última hora. Normalmente a convocatoria para a proba realizase unha hora antes de que dea comezo o 1º exame (Lingua e literatura castelá). O 1º día a convocatoria é ás 9:00h e o 1º exame empeza ás 10:00h. Debes saber exactamente o lugar onde se realizan.
  • Non esquezas a documentación: hai que presentar o DNI e podes levar tamén o Xustificante de ter aboado as taxas da matrícula para as probas.
  • Leva o material necesario. Leva 2 ou máis bolígrafos de tinta azul ou negra, calculadora, material de debuxo ou dicionarios … Non esquezas levar tamén o material específico das materias das que te vaias a examinar.
  • Lee e entende correctamente as instrucións previas.
  • Lee con coidado todas as opcións e preguntas. Pensa nas respostas a cada unha e logo elixe a opción que máis che interese. Empeza polas preguntas que mellor domines.
  • Podes considerar facer un esquema da pregunta antes de empezar a escribir. Recoméndase facelo na última folla do ”caderniño” a lapis, pois non dan folios soltos. Tede en conta que vos pode facer falla esa última páxina, pero non te obsesiones co papel, pensa que se tes as ideas claras e as estruturas ben antes de escribilas, terás papel dabondo coas 7 páxinas das que dispón o caderniño que che entregarán ao comezo do exame.
  • Planea a distribución do tempo durante o exame e deixa algún minutos para repasar. Se o distribúes ben, pódeche sobrar.
  • Lembra que con unha boa presentación do exame tes moito gañado. Escribe con letra clara e lexible. Evita tachaduras.
  • Coida a ortografía e a acentuación.
  • Pensa que a hora de corrixir valórase máis a calidade que a cantidade.
  • Non te obsesiones co tempo, pero debes de distribuílo ben para cada exercicio, así incluso, pódeche sobrar.
  • Lembra que tes que entregar todas as probas da parte xeral ( 4 materias comúns e 1 propia de Modalidade) aínda que as deixes en branco. Se non entregas un exercicio suspenderás a selectividade.
  • Debes coñecer o sistema de puntuación das probas.
  • Por último: ”Utiliza a respiración profunda e lenta como forma de relaxación antes e durante o exame”.