Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

martes, 28 de abril de 2015

ACCESO Á ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA 2015

Estas ensinanzas constitúen un ciclo único de catro cursos, cunha titulación final equivalente a Graduado universitario.

Estrutúranse en tres especialidades
- Dirección de Escena e dramaturxia.
- Escenografía.
- Interpretación.

Para o acceso hai que estar en posesión do título de bacharel ou titulación equivalente e superar unha proba específica para cada especialidade. Se non tes o título de bacharelato, con 19 anos cumpridos, pódese acceder mediante proba de madureza.

A Proba de acceso específica para cada especialidade consta de 2 exercicios:
-   1º exercicio: análise dun fragmento dun texto dramático e un texto de ensaio teatral que ten carácter eliminatorio. Públícanse os textos de obrigada lectura para esta proba neste enlace.
-   2º exercicio: son varias probas prácticas diferentes según a especialidade á que se queira acceder. Fanse públicos os textos propostos para as probas de carácter práctico.

En Galicia impártese nunha única Escola Superior de Arte Dramática, sita en Vigo.

PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2015-2016: Dende o 28 de abril ata o 16 de xuño de 2015 está aberto o prazo para acceder ás probas da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. A solicitude hai que entregala na secretaría da  ESAD.

LISTA PROVISORIA DE PERSOAS ADMITIDAS: 17 de xuño.

PRAZO DE RECLAMACIÓN: entre os días 18 e 19 de xuño.

LISTA DEFINITIVA: 22 de xuño, exposta en www.edu.xunta.es

DATA DAS PROBAS: Comezan o  29 de xuño do 2015, dacordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso. 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE PERSOAS QUE SUPERARON A PROBA: 8 de xullo de 2015.

MATRÍCULA NA ESAD PARA OS ADMITIDOS: Entre o 13 e o 30 de xullo de 2015.

PROBA ESPECÍFICA: O sistema de acceso constará dunha única proba que comprenderá dous exercicios.
1º) O primeiro exercicio, común a todas as especialidades, consistirá en dúas probas escritas: a primeira versará sobre a a análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda versará sobre a análise dun fragmento dun ensaio teatral.
2º) O segundo exercicio estará referido á especialidade pola que opten:
Especialidade de Interpretación:
a) Traballo en grupo.
b) Traballo de interpretación.
c) Entrevista persoal.
Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia:
a) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
b) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
c) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
d) Proba de dirección de actores.
e) Entrevista persoal.
Especialidade de Escenografía:
a) Realización dun debuxo do natural.
b) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
c) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
d) Entrevista persoal.


* No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso para maiores de 19 anos, farano constar na solicitude.• LISTA PROVISORIA DE PERSOAS ADMITIDAS: 17 de xuño.• PRAZO DE RECLAMACIÓN: entre os días 18 e 19 de xuño.• LISTA DEFINITIVA: 22 de xuño, exposta en www.edu.xunta.es

DATAS DAS PROBAS:
As probas específicas de acceso comezarán o día 29 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.

ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA (ESAD) 
Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212 Vigo (Pontevedra) 
Tel.: 986 246 399 / 986 137 024 
Fax: 986 138 075 




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...