Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

domingo, 10 de julio de 2016

Convocatoria das probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2016

Publicouse no DOG do 6 de xullo a resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2016-2017.

Requisitos de acceso: 


GRAO MEDIO:
a) Título de graduado en ESO na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva. 
b) Sen título de ESO e con 17 anos cumpridos, superar a proba de madureza.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

GRAO SUPERIOR:
a) Co título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, experiencia deportiva, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos para efectos académicos: Bacharel ou equivalente, Técnico superior, Título universitario, Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato. 
b) Sen título académico, e con 19 anos, superar unha proba de madureza, ou 18 anos se se ten o título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. 
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.


Prazo de inscrición nas probas: Do 7 ao 21 de xullo de 2016. 
Aquelas persoas que teñan pendente algunha materia de bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba de acceso, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pendentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza, que se celebrará o 2 de setembro.

Celebración da proba de madureza: O 2 de setembro de 2016 no IES As Fontiñas en Santiago de Compostela. O alumnado que deba realizar a proba de madureza farao constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar a dita proba, non será admitido na específica.

Celebración das probas específicas para as titulacións de técnicos deportivos: Setembro do 2016. 
  • Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 6 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 7 de setembro ás 10.00 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
  • Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 7 de setembro ás 9.30 horas. 
  • Na modalidade de Fútbol sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 9 de setembro ás 10.00 horas. 
  • Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 12 de setembro ás 10.00 horas. 
  • Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 14 de setembro ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz-Balneario, o día 15 de setembro ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Salvamento e Socorrismo, o día 16 de setembro nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada ás 10.00 horas.
  • Na modalidade de Vela, o día 20 de setembro ás 10.00 horas, nas instalacións do porto deportivo da Pobra do Caramiñal, podendo variar a data do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas. 
 A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas indicados no anexo VI, coa excepción dos aspirantes ás especialidade de Hípica, que se imparte no CPR Cemar Mondariz e no CPR Santa Apolonia e de Vela que se imparte no CPR Santa Apolonia, que deberán formalizala nos centros públicos a que están adscritos.

Prazo de matrícula nas ensinanzas deportivas: Desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 26 de setembro de 2016.


INSTRUCIÓNS E CONTIDOS DA PROBA DE MADUREZA:

I. Proba de madureza dos ciclos de grao medio das ensinanzas deportivas: A proba de madureza constará das seguintes partes: 
  • Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.
  • Desenvolvemento por escrito, durante o tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito. 
  • Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais. 
  • Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía). 
Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. 
Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. 

II. Proba de madureza dos ciclos de grao superior das ensinanzas deportivas: A proba de madureza versará sobre as seguintes materias comúns propias do currículo do bacharelato: 

– Lingua Galega e Literatura.
– Lingua Castelá e Literatura. 
– Filosofía e Cidadanía. 
– Lingua estranxeira (Inglés/Francés).
– Ciencias para o Mundo Contemporáneo. 
– Historia de España
– Historia da Filosofía. 

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. 
O tempo máximo para a súa realización será dunha hora para cada materia. 
Neste exercicio valorarase o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

MÁIS INFORMACIÓN: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...