Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

lunes, 20 de junio de 2016

Instrucións para o acceso e admisión nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño en Galicia 2016/2017. CICLOS MEDIOS.


Publicouse a Resolución do 31 de maio de 2016 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2016/2017 en Galicia. 

PUBLÍCANSE:
  • As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: Do 14 de xuño  o 26 de xullo. 
  • As datas e horarios das probas: A proba de madureza será o 6 de setembro. A proba específica o 9 de setembro de 2016.
  • Os contidos das probas.
  • As datas para a matrícula nos ciclos. 
  • Os impresos de solicitude de admisión.

REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO: 
Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao medio: 
a) Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño relacionado coas ensinanzas que desexe cursar. 
b) Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos planos de estudos de 1963 ou dos planos experimentais de 1984 e 1986. 
c) Quen teña acceso directo aos ciclos Superiores de Artes plásticas e deseño. 
d) Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

Tamén terán acceso directo os que posúan algún dos seguintes títulos académicos:
a) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
b) Título superior de artes plásticas ou título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
c) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
d) Licenciatura en belas artes.
e) Arquitectura.
f) Enxeñaría técnica en deseño industrial.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 
Poderá acceder por esta quenda quen posúa o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, ou estudos equivalentes.
Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia da ESO poderán presentarse á proba de acceso, pero no momento de formalizar a matrícula, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.

ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: 
(proba de madureza + proba específica) 
A persoa que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente, deberá ter cumpridos os 17 anos, dentro do ano natural de realización da proba, e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica. A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba dos ciclos formativos de grao medio de F.P. ou pola proba de madureza de grao medio de ensinanzas deportivas ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.

AS PROBAS: 

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: 
Proba de madureza: 6 de setembro de 2016. 
1ª parte: 10.00-13.00 h. 
2ª parte: 16.30-19.30 h. 
Proba específica: 9 de setembro 2016. 
1º exercicio: 10.00-11.00 h. 
2º exercicio: 12.00-14.00 h. 
3º exercicio: 17.00-19.00 h.
As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que se inscribisen.

A PROBA ESPECÍFICA consta de 3 exercicios: 
1º) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento, nun tempo máximo 1 h, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
2º) Segundo exercicio: realización. Realización, nun tempo máximo de 2 h, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.
3º) Terceiro exercicio: execución. Execución durante un tempo máximo de 2 h, cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

A PROBA DE MADUREZA consta de 2 partes: 
1ª) Primeira parte:
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito. 
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen sobre lingua española a partir dun texto escrito.
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.
- Desenvolvemento por escrito, nun tempo máximo de 1 h, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.
Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da ESO. Cumprirá seleccionar 3 das devanditas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión de entre 2 que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.
2ª) Segunda parte:
- Educación plástica e visual: realización, nun tempo máximo de 3 h, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

MATRÍCULA:
Do 14 ao 19 de setembro, ambos os dous inclusive.
Establécese un prazo extraordinario de matrícula do 9 ao 14 de setembro, ambos os dous incluídos, co obxecto de que os aspirantes que tivesen pendente de superar algunha das materias de bacharelato ou da ESO poidan acreditar a súa superación, no momento de formalizar a matrícula.

MÁIS INFORMACIÓN:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...