Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 27 de abril de 2012

As ensinanzas de artes plasticas e deseño

As ensinanzas de artes plásticas e deseño comprenden estudos relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos, diversas modalidades de deseño e conservación e restauración de bens culturais.

Os Ciclos de Artes Plásticas e Deseño:

Que son os ciclos de Artes Plásticas e Deseño?:
A estrutura é a mesma que a da Formación Profesional Específica: Ciclos formativos de grao Medio e Superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós Ciclos formativos de grao Medio, e despois do Bacharelato podes acceder ós Ciclos formativos de grao Superior, aínda que só terán acceso directo os alumnos que cursasen o Bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán facer unha proba que valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste basicamente na realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos.
Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol ( estas dúas últimas de titularidade privada ).

Como Se Organizan:
Trátase de Ciclos de grao Medio e grao Superior, polo que teñen unha estrutura semellante á da formación profesional específica. A principal diferenza está a que ademais da titulación normal para acceder a un Ciclo é necesario superar unha proba de acceso.

1. Ciclos Formativos De Grao Medio:
Accédese co título de ESO e coa superación da  proba específica que consiste en exercicios por escrito sobre os coñecementos de artes plásticas, histórico artísticos, e debuxo.
De non ter o título de ESO, pero tes 17 anos,  podes acceder coa superación (ademais da proba específica) dunha proba de madureza que atende ós contidos xerais da ESO e consta de 2 partes:
-          1ª parte: Lingua Castelá, Lingua galega, ciéntífico—tecnolóxico e sociocultural  (escoller tres materias).
-          2ª parte: Educación plástica e visual.
A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos de grao medio e a proba específica polo bacharelato de artes ou experiencia laboral de alomenos un ano, directamente relacionada co ciclo o que se quere acceder.
A inscrición nas probas é en xuño e as probas celébranse en setembro.
Obtense o título de técnico.

2. Ciclos Formativos De Grao Superior:
Accédese, directamente sen ter que superar ningunha proba, co título de Bacharelato en artes.
De non ter o Bacharelato de artes, pódese acceder con outra modalidade de Bacharelato e coa superación dunha proba específica relacionada con debuxo, artes plásticas e coñecementos histórico - artísticos.
De non ter superado ningún  Bacharelato, pódese acceder mediante a superación dunha proba de madureza, se tes 19 anos. Dita proba ten 2 partes:
-          1ª Parte: proba das materias comúns do Bacharelato ( Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Lingua estranxeira—inglés ou francés, Hª España, Hª Filosofía, Filosofía e Cidadanía, Ciencias do Mundo Contemporáneo. Escoller tres materias.
-          2ª Parte: Proba de Historia da Arte.
A proba de madureza pode ser convalidada pola proba de acceso a ciclos superiores, e a específica pola experiencia laboral de alomenos un ano directamente relacionada co ciclo ao que se quere acceder.
Obtense o título de técnico Superior que da acceso a certas titulacións universitarias e aos estudos superiores de Deseño (explicados máis adiante).
A inscrición nas probas é en xuño, a proba de madureza celébrase en xuño e a específica en xullo.

4. Familias Profesionais:
Dentro de cada familia ofértanse Ciclos de grao Medio e de grao Superior. A continuación presentámosche as familias que existen:
Artes Aplicadas á Escultura
Deseño De Interiores
Xoiería De Arte
Artes Aplicadas Ó Libro
Cerámica Artística
Artes Aplicadas Á Indumentaria
Deseño Industrial
Deseño Gráfico
Artes Aplicadas Ó Muro
Esmaltes Artísticos
Textiles Artísticos
Arte Floral
Vidrio Artístico

5. Onde Estudar Estes Ciclos:
Existen escolas  de artes nas principais cidades de Galicia: a Coruña, Santiago, Ourense, Lugo.
En A Coruña ( Escola de Artes Pablo Picasso) podes estudar:
CM Dourado e Policromía Artísticos
CS Artes Aplicadas Da Escultura
Taller cerámico, oferta modular.
CS Fotografía Artística
CS Ilustración
En Santiago (Escola De Artes Mestre Mateo) Podes Estudar:
CS Artes Aplicadas Da Escultura
CS Fotografía Artística
CS Xoiería Artística
Taller de xoiería, oferta modular
En Lugo (Escola De Artes Ramón Falcón) Podes Estudar:
CM Serigrafía artística
CS Gravado e Técnicas De Estampación
CS Cerámica Artística
CS Fotografía Artística
Taller de talla artística en madeira, oferta modular.
Taller de ebanistería, oferta modular
En Ourense ( Escola De Artes Antonio Faílde) Podes Estudar:
CM Ebanistería Artística
CS Fotografía Artística
CS Ilustración

Estudos Superiores De Artes Plásticas e Deseño:

  1. Conservación e Restauración de Bens Culturais:
Trátase dun grao que ten como obxectivo formar a profesionais que terán como responsabilidade velar polo bo estado do patrimonio artístico.
Podese  escoller entre 7 especialidades diferentes: Arqueoloxía, Pintura., Escultura, Documento gráfico, Bens Arqueolóxicos, Textiles, Mobiliario,
Obtense o Título de graduado universitario.
Pódese acceder directamente co Título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño (para os cales se reserva un 20% das prazas . Se tes un título de Bacharelato ou equivalente terás superar unha proba específica de acceso que se convoca anualmente en xuño nos centros onde se imparte a carreira. Para o alumnado que accede por proba resérvase o 80% das prazas.
As Partes Da Proba:
-          Comentario dun texto relacionado cos bens culturais
-          Exame escrito sobre dúas materias a escoller entre:  Historia de España, Historia da Arte, Física e Química e Bioloxía.
-          Debuxo a partir dun modelo real e inanimado,
-          Traballo sobre representación da cor,
-          Traballo práctico sobre as aptitudes plásticas.
Existe en Galicia unha única escola de conservación e restauración, que se ubica en Pontevedra,  e imparte as especialidades de escultura, pintura e arqueoloxía.

  1. Os Estudos Superiores de Deseño:
Están encamiñados á formación de profesionais no mundo do deseño nas especialidades de moda, interiores, productos e deseño gráfico. Teñen
unha duración de 3 anos, dos que o primeiro curso é común ás catro especialidades. A titulación que se obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente, para tódolos efectos, a unha diplomatura universitaria.
Estes estudos impártense nos seguintes centros:
-          Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos.
-          Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico
-          Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico.
-          Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño Gráfico.
O acceso:
-          Terán acceso directo os alumnos que teñan o título de técnico superior de artes plásticas e deseño.
-          Accederán mediante proba específica os alumnos que teñan o título de bacharelato. A inscrición nesta proba é a comenzos de xuño e celébrase a mediados de xuño. Consta de dúas partes:
1º parte: Durante un máximo de 3 horas responder por escrito a cuestións sobre historia das artes, historia das artes aplicadas, os oficios artísticos e o deseño en xeral, e deseño na especialidade que se aspira a cursar.
2ª parte: Durante un máximo de 4 horas, realizar un debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo relacionado coa especialidade que se aspira a cursar; e un debuxo a mal alzada, cos técnicas do estudos que se aspira a cursar, do modelo do exercicio anterior.

Para o acceso aos estudos superiores, de grao en Música, Arte Dramática, Conservación e Restauración de Bens Culturais, e Deseño, o alumnado que non teña o título de bacharelato, e cumpra 19 anos, poderá realizar unha proba de madureza, en xuño, ademáis das probas específicas de cada especialidade. Esta proba consistirá en realizar exercicios das seguintes materias de bacharelato: Lingua estranxeira (Inglés ou Francés), Lingua Castelá, Lingua Galega, Filosofía e Cidadanía, Ciencias para o mundo contemporáneo, Historia de España, Historia da Filosofía.

Elaborado por Mónica Diz Besada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...