Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

lunes, 11 de marzo de 2013

O BACHARELATO LOE: ORGANIZACIÓN E ITINERARIOS

O Bachelato é a última etapa da Educación Secundaria. Non é obrigatoria e a súa duración é de dous cursos. Pódese estudar nos seguintes réximes e modalidades:
  1. Réxime ordinario
  2. Rexime adultos: Modalidade presencial, semipresencial e a distancia.
Que finalidades Ten?
  • Completar e consolidar a autonomía moral, social e intelectual. 
  • Desenvolver a madurez humana e intelectual. 
  • Orientar vocacionalmente acorde coas preferencias e aptitudes. 
  • Acceder a estudos superiores: Estudos universitarios e Estudos de Formación Profesional (Ciclos Superiores)

Como se accede? Co título de ESO ou título de técnico (Ciclo Medio)

Como está organizado?
  • Dura 2 cursos académicos. 
  • Poderás permanecer escolarizado durante catro cursos académicos. 
  • Dentro de cada modalidade hai varias opcións e itinerarios. 
  • Na modalidade que escollas cursarás materias de tres tipos: comúns, propias de modalidade e optativas. 
  • Repetirán 1° curso os alumnos que teñan avaliación negativa en máis de dúas materias. Se non consegues a promoción e repites por ter tres ou catro materias suspensas poderás manter as cualificacións anteriores se a nova cualificación é inferior. Se ao rematar 2º suspendes algunha/s materia/s poderás matricularte destas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou podes optar, logo de solicitude á dirección do centro, de matricularte de todas as materias de 2º para mellorar as túas cualificacións. 
  • No Bacharelato hai probas extraordinarias en setembro das materias nas que non se obtivo calificación positiva. Se promocionas a 2º con algunha suspensa deberás recuperala. 
  • Para acadar o título hai que ter superadas todas as materias. 
  • Os períodos lectivos semanais de Bacharelato terán un total de 32 horas semanais.

Cales son as modalidades? Poderás escoller entre 3 modalidades diferentes:
  • Ciencias e tecnoloxía. 
  • Humanidades e Ciencias Sociais. 
  • Artes.

Cambio de modalidade:
En determinadas condicións pódese cambiar de modalidade ou de itinerario en 2° curso, pero terás que pensalo moi ben e ter en conta que , por exemplo cambiar de modalidade de Bacharelato non é doado pois estarías obrigado a cursar alomenos dúas materias de modalidade de 1° curso, ademais das de 2°. Poderías convalidar a materia optativa de 2º por unha das materias de modalidade, superadas, de 1º curso.

Que son os itinerarios ?
As ensinanzas do Bacharelato permítenche cursar estes estudos en función das túas preferencias: escoller unha modalidade entre tres previstas, unha opción dentro de cada modalidade e unhas determinadas optativas.

Estas sucesivas eleccións configuran o teu itinerario persoal. É necesario pois, que teñas unha idea clara do que queres para poder deseñar o itinerario máis acorde coas túas preferencias e necesidades.

Que tipo de materias terás que estudar? Terás 3 tipos de materias:
  1. Comúns: son para tódolos alumnos con independencia da modalidade elixida. En 1º terás que cursar 7 e en 2º cusarás 5. Podes velas no cadro. 
  2. Propias de modalidade: son as que nomeamos antes, dependen da modalidade escollida. Terá que cursar 3 en 1º e 3 en 2º. En total deberás cursar 6 materias de modalidade, das cales 5 deben pertenecer á modalidade escollida.
  3. Optativas: son as que ti escolles das que che oferta o centro para mellorar a túa formación. Terás que escoller unha en 1º e outra en 2º. Esta optativa pódela escoller da oferta xeral de optativas para cada curso ou poderás escoller como optativa unha propia de modalidade que non escolleras no apartado anterior. As optativas deberán cursarse nun dos dous cursos, agás a 2ª Lingua estranxeira que poderá cursarse nos dous.

As materias de idéntica denominación nos dous cursos (Lingua Galega e Literatura I, Lingua Castelá e Literatura I), son materias de aprendizaxe progresiva: Deberás superar a materia de 1º para poder ser avaliado da materia de 2º. 



Existen materias de modalidade que precisan de coñecementos previos para poder ser cursadas satisfactoriamente:
  • Física de 2º precisa de Física e Química de 1º. 
  • Química de 2º precisa de Fisica e Quimica de 1º. 
  • Electrotecnica precisa de Física e Química de 1º. 
  • Ciencias da terra e medioambientais de 2º precisa de Bioloxía e Xeoloxía de 2º. 
  • Bioloxía de 2º precisa de Bioloxía e Xeoloxía de 2º.

A que dá acceso o título de Bacharelato? 
Co título de Bacharel podes acceder ó maior número de saídas profesionais:
  • Carreiras Universitarias: títulos de grao ( aprobando a Selectividade). 
  • Ciclos Formativos de Grao Superior de calquera Familia Profesional. 
  • Os estudos Superiores de Ensinanzas de Réxime Especial . 
  • Outros estudos: Piloto Civil, Estudios Militares Superiores, Forzas e Corpos de Seguridade, Etc. 
Os diferentes estudos están vinculados a cada modalidade e materias do Bacharelato, de xeito que en función do Bacharelato escollido poderás acceder a uns graos e Ciclos Superiores de formación profesional determinados.

Antes de escoller unha modalidade de bacharelato, e unhas determinadas materias debes saber que: 
  • Para acceder a un título universitario debes superar, ademais do bacharelato, as Probas de Acceso á Universidade (PAU). Nos títulos con límite de prazas terase en conta a nota de acceso, que será unha media entre a nota das PAU e a nota media dos dous cursos de Bacharelato. 
  • Para acceder a un Ciclo Superior de FP só se necesita un título de bacharelato, preferentemente vinculado á esa familia profesional. A nota de acceso será a nota media das materias cursadas no bacharelato. Para ver as vinculacións entre as diferentes modalidades de bacharelato e os ciclos superiores pincha neste enlace
A continuación podes ver nos seguintes cadros como se distribúen as materias en cada modalidade e en cada curso.


ENLACES COA LEXISLACIÓN:










2 comentarios:

  1. Hola Mónica.
    Estoy tratando de ayudar a un chico que cursa el bachillerato semipresencial en el Eduardo Pondal de La Coruña y buscaba exámenes antiguos o bien algún modelo de examen para poder orientarme un poco. Tal vez tú puedas ayudarme o facilitarme algún enlace desde donde poder verlos o descargarlos.
    Gracias anticipadas. Juan.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Puede consultar las pruebas que cayeron en las libres de bachillerato: http://monicadizorienta.blogspot.com.es/2013/02/convocadas-as-probas-de-obtencion-do.html
      Prueba en los enlaces de esta entrada, al final.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...