Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

jueves, 8 de junio de 2017

Convocados Premios Extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2017 en Galicia


A Consellería de Educación publicou a Orde do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016 - 2017.

DOTACIÓN: Concederanse un máximo de 20 premios de 750 euros cada un. 

Os REQUISITOS para optar a estes premios son:
  • Ter cursado 4º de ESO no curso 16 -17 no Réxime Ordinario en Galicia. 
  • Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de ESO.
  • Obter unha media igual ou superior a 9´00 puntos (media de todas as materias dos catro cursos de ESO. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño):
"A nota media de cada etapa será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias, redondeada á centésima máis próxima e, no caso de equidistancia, á superior."


O PRAZO de presentación de solicitudes será de  un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (do 8 de xuño ó 7 de xullo de 2017).

A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:  As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos. 

PROBAS:
Os aspirantes aos premios extraordinarios ao rendemento académico deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes que valorarán os obxectivos e as competencias básicas acadadas polo alumnado, e constará de diversas cuestións coas cales deberá mostrar o grao de consecución das competencias social e cidadá, en comunicación lingüística e matemática. Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.

a) A primeira parte constará de diversas cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e primeira lingua estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en lingua galega e literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
 

b) Na segunda parte o alumnado dará resposta a diversas cuestións das seguintes materias:
  • Xeografía e Historia. 
  • Unha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Matemá- ticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas. 
  • Unha materia para escoller de entre as materias de opción do bloque de materias troncais cursada polo alumnado: Bioloxía e Xeoloxía, Economía, Física e Química, Latín, Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, ou Tecnoloxía.
INFORMACIÓN ÓS INTERESADOS/AS:
ENLACES:

1 comentario:

  1. Me parece muy positivo porque es algo que ayuda a que los niños se esfuercen para conseguir esta beca y eso al final ayuda a muchos padres a sufragar los gastos de las escuelas, muy bueno el artículo Mónica

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...