Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

martes, 16 de junio de 2015

ADMISIÓN EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA PARA O CURSO 2015 -2016 EN GALICIA


Información sobre o prazo e o proceso de admisión nos ciclos de Formación Profesional Específica en Galicia para o curso 2015-2016, nos réximes ordinario e adultos (presencial e a distancia).

ESTABLÉCENSE DOUS PERÍODOS:
  • PERÍODO ORDINARIO: Dende o 17 de xuño ao 2  de xullo de 2015  ás 13´00h. (para os que cumpren os requisitos de acceso en xuño de 2015 ou anteriores cursos).
  • PERÍODO EXTRAORDINARIO: Dende o 1 ao 11 de setembro de 2015 ás 13´00h. (para os que cumpren os requisitos de acceso en setembro de 2015 ou anteriores cursos). 

ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO MEDIO: 

ADMISIÓN EN CICLOS DE GRAO SUPERIOR:

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Deberá presentarse unha única solicitude, por duplicado, para cada réxime, grao e modalidade que se desexe cursar. Poderase facer de tres xeitos:
  • Cubrindo a solicitude a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/ciclosadmision. A instancia que xera a aplicación informática deberase imprimir e presentar, acompañada da documentación que se requira, en calquera centro educativo de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos. A solicitude enténdese como non válida sen o requisito de presentación nun centro, agás que na propia solicitude xerada pola aplicación informática se indique que é unha solicitude validada e que non precisa ser presentada nun centro educativo; neste caso a copia impresa conservarase como resgardo. 
  • Cubrindo, de xeito mecanografado ou manualmente, os correspondentes modelos de solicitude e presentándoos acompañados da documentación necesaria no centro elixido como primeira opción. 
  • De non ser posible a presentación polos procedementos anteriores, poderase presentar, cuberta e asinada, en sobre aberto en calquera oficina de Correos, para ser remitida por correo certificado co selo de Correos coa data de entrega. A solicitude irá dirixida ao director ou a directora do centro elixido en primeira opción. A documentación presentada que non sexa orixinal, incluíndo a copia do documento de identidade, deberá estar compulsada. Coa finalidade de axilizar a xestión será necesario remitir, no mesmo día no que se entregue o correo certificado, unha copia da documentación presentada mediante correo electrónico ou por fax ao centro ao que vai dirixida a solicitude. Os enderezos electrónicos e os números de fax dos centros poden consultarse en: https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/

INFORMACIÓN SOBRE  OS LISTADOS DE ADMITIDOS NO CURSO PASADO:

Pinchando nos enlaces pódese acceder aos listados de admitidos do curso pasado en cada ciclo. Esta información é útil para ver con que nota, con que titulación e en que adxudicación entrou o último alumno/a en cada ciclo. Trátase dunha referencia que pode orientar as posibilidades personais de acceso nos ciclos, pero non é exacta posto que cambiará para este curso. 


ADMITIDOS NO CURSO 2013 / 2014 EN CICLOS SUPERIORES:

DE QUE VAI CADA CICLO:

MÁIS INFORMACIÓN:
No teléfono da asesoría sobre admisión en ciclos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: 881 99 74 08.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...