Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

jueves, 4 de mayo de 2017

Premios extraordinarios de bacharelato 2017 en Galicia

Imagen en Pixabay


Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia as probas para obtención dos Premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase ditos estudos no curso 2016-2017.

REQUISITOS:
a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2016-2017 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos 

(A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia, DOG do 29 de xuño).


PRAZO DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir do 4 de maio de 2017.


PROCEDIMENTO PARA A SOLICITUDE: 
  • As solicitudes poden realizarse preferiblemente por internet na páxina: https://sede.xunta.es con DNI electrónico e mediante o formulario ED311A.
  • Opcionalmente as solicitudes poden entregarse en calquera rexistro da Xunta de Galicia utilizando o formulario da sede electrónica ou o anexo I (os centros educativos non se consideran rexistros).  

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE: 
  • Formulario de solicitude (Anexo I).
  • Fotocopia DNI ou marcar na solicitude consentimento de verificación dos datos. 
  • O centro enviará a Certificación académica de bacharelato (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de bacharelato recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro público en que se atope o expediente académico.
  • O centro enviará o Documento xustificativo da transferencia de datos, impreso por parte da dirección do centro onde se atopa o expediente do alumno.

REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO:
O alumnado deberá realizar unha proba que se estruturará en dúas partes:

1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:
1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 

2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes: 
  • Matemáticas II
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Latín II
  • Fundamentos da Arte II.

DATA DAS PROBAS:

As probas realizaranse nos lugares e nas datas que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria https:// www.edu.xunta.gal


NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS: 
1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
5. Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público, segundo se estableza na normativa vixente para o curso 2017-2018.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...