Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

jueves, 3 de julio de 2014

MATRÍCULA NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS A CORUÑA 2014/2015



Está aberto o prazo de preinscripción para solicitar praza na Escola Oficial de Idiomas da Coruña para o próximo curso 2014-2015, tanto para 1º curso como para os cursos superiores a 1º de nivel básico. 
Os idiomas ofertados son: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.


PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN: ata o 10-07-2014 para 1º básico e ata o 11-09-2014 para os demais cursos.

REQUISITOS: 
Ter 16 anos cumplidos no ano natural no que se comecen os estudos, ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua estranxeira cursada na ESO
Non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso (básico 1): consultar accesos directos por titulación na circular de matrícula.

Deberá facer PREINSCRICIÓN todo o alumnado de novo ingreso que:
  • Accede por primeira vez á Escola de Idiomas da Coruña e as súas seccións
  • Procede das probas de clasificación.
  • Ten acceso directo por titulación ou certificación académica.
  • Desexa incorporarse á ensinanza oficial tras superar as probas de certificación libres.
  • Procede de traslado de expediente.
  • Non estivo matriculado por oficial no curso 2013-14, pero foi alumno de cursos anteriores.
  • Estivo matriculado por oficial no curso 2013-14 con baixa, renuncia ou anulación de matrícula.
  • Estivo matriculado por oficial no curso 2013-14 e desexa matricularse dun curso que non é continuación dos seus estudos dese ano (debe facer preinscripción só para ese novo curso).
  • Estivo matriculado por oficial no curso 2013-14 e quere estudar outro idioma.
  • Todas as persoas que desexen acceder ao nivel C1, agás as que estivesen matriculadas neste nivel durante o curso 2013-14.

PROCEDIMENTO PARA A PREINSCRIPCIÓN E A MATRÍCULA: 

1º Preinscrición: on line a través da aplicación de PREINSCRICIÓN, dentro dos seguintes prazos:
a) Para acceder a 1º curso de nivel básico: ata o 10/07/2014
b) Para acceder aos demais cursos superiores a 1º básico: ata o 11/09/2014.

2º Reserva de praza: as persoas admitidas confirmarán a súa praza na mesma aplicación, imprimindo o impreso por duplicado e pagando as taxas correspondentes.

3º  Prazos de adxudicación de prazas:
a) para solicitantes de 1º curso de nivel básico: 11/07/2014 ás 23:00 h.
b) para solicitantes dos demais cursos superiores a 1º básico: 12/09/2014 ás 23:00 h.

4º Formalización da matrícula: no prazo establecido presentarase a documentación na secretaría do centro

LIGAZÓNS:

CONTACTAR COA EOI CORUÑA:
ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
Rúa Pepín Rivero, 1
15011 - A Coruña
Tel.: 981 279 100 / 981 145 094
correo-e: secretaria@eoicoruna.org
web: www.edu.xunta.es/centros/eoicoruna

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...