Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

martes, 29 de marzo de 2016

CONVOCADAS EN GALICIA AXUDAS A ALUMNOS DE ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN INGLÉS 2016

A Consellería de Educación publicou a Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.



REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2014/15.
  • Ter acadado no curso 2014/15 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.


CONCEPTOS FINANCIADOS 
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento. • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
QUENDAS E GRUPOS: todas as actividades serán de formación en inglés e terán lugar en Galicia. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
  • 1º e 2º de Bacharelato: Duración: 1 semana.
  • 1º, 2º, 3º e 4º da ESO: Duración: 2 semanas. 
DATAS: Estarán comprendidas entre a última semana de xuño e finais de agosto de 2016 

SOLICITUDE: Dende o 28 de marzo ata o 29 de abril de 2016 (ver artigo 5 da orde)

MÁIS INFORMACIÓN:
  • CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA: Edificio administrativo de San Caetano s/n (Santiago de Compostela)
  • Web da convocatoria coas instrucións:  http://www.edu.xunta.es/axudasle 
  • Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es 
  • Atención telefónica: 981 957 296 - 881 997 497 - 981 957 538 - 981 546 503 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...