Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 25 de abril de 2019

Reclamacións 2º de Bacharelato 2019

Publicouse a Circular nº 2/2019 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato para o curso 2018/2019:



O alumnado de 2º curso de bacharelato pode realizar unha reclamación ás cualificacións obtidas na avaliación final do curso. 

PROCEDEMENTO: 

Este procedemento, exclusivo para o alumnado de 2º de bacharelato, consta de tres fases:

1ª Fase: RECLAMACIÓN NO CENTRO EDUCATIVO. 
A reclamación realízase no centro, dirixida ó Director/a, o cal trasladará a reclamación ó Departamento Didáctico correspondente. 

2ª Fase: RECLAMACIÓN ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN. 
Contra a resolución do Departamento Didáctivo o alumno/a pode solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á comisión de supervisión, que resolverá no prazo máis breve posible, antes do remate da matrícula na ABAU (31 de maio - convocatoria ordinaria / 3 de xullo- convocatoria extraodinaria). 

3ª Fase: RECURSO CONTENCIOSO - ADMINISTRATIVO.
Contra a resolución da comisión de supervisión, que esgota a vía administrativa, o alumno/a  ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses. 

PRAZOS DE RECLAMACIÓN NO CENTRO:

  • Convocatoria ordinaria: 22 e 23 de maio de 2019 (ata as 14:00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 25 e 26 de xuño de 2019 (ata as 14:00 horas).
As reclamacións presentaranse por escrito no centro educativo dirixidas á dirección.


PRAZOS DE RECLAMACIÓN ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN:

(Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo):

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 27 de maio de 2019.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 18 horas do día 27 de xuño de 2019.
Solicitar por escrito, no centro educativo, para que a dirección remita o expediente de reclamación á presidencia da comisión de supervisión. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...