Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 5 de junio de 2015

Axudas económicas 2015 para estudar Graos no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha a segunda edición do programa “Para estudar Lugo”, a través do que a institución provincial financia o 50% do custe da matrícula de primeiro curso en 10 titulacións de grao impartidas no campus de Lugo, para o curso 2015-16, ademais de lanzar o plan de captación de talento, costeando a matrícula integra aos 135 mellores expedientes BACHARELATO e FP, de Galicia e de Grado, do Campus de Lugo


As dúas axudas que convoca son:
  • 50% de desconto na matrícula para o curso 2015- 2016 nalgúns graos.
  • Matrícula gratuíta para os mellores expedientes preuniversitarios. 

As instrucións que ofrecen son as seguintes:

50% DE DESCONTO NA MATRICULA PARA O CURSO 2015-16:

■O programa 'Para estudar Lugo' contempla este ano o desconto do 50% do custe da matrícula para estudantes que no curso 2015-16 comecen os seus estudos no campus de Lugo da USC nalgún dos seguintes títulos de grao:

►Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
►Grao en Enxeñaría Civil
►Grao en Xeomática e Topografía
►Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
►Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
►Grao en Lingua e Literaturas Españolas
►Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural
►Grao en Administración e Dirección de Empresas
►Grao en Xestión e Dirección de Pemes
►Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

■O número de bolsas financiadas será o mesmo que o das prazas de novo ingreso cubertas en cada título. 

■A concesión das axudas é automática sempre que os solicitantes sinalen no web da USC no que formalizan a matrícula que se acollen a este programa de bolsas da Deputación. 

■Aqueles estudantes que soliciten tamén bolsa do Ministerio, que cubra os custes de matrícula, non pagarán taxa algunha ata que se resolva a súa concesión ou non. En caso de non ter a bolsa do Ministerio si gozarían da bonificación do 50% por parte da Deputación Provincial de Lugo.

MATRÍCULA DE BALDE PARA OS MELLORES EXPEDIENTES PREUNIVERSITARIOS:

■O plan de captación de novos talentos para o campus de Lugo activado pola Deputación en colaboración coa Universidade, contempla a matrícula de balde para os seis mellores expedientes preuniversitarios procedentes de Galicia que se matriculen no curso 2015-16 no primeiro curso de calquera dos 15 títulos de grao ofertados pola USC no campus de Lugo (As bolsas outorgadas a matrículas nos dobres títulos de grao en Enxeñaría Civil, Xeomática e Topografía e Enxeñaría Agronómica, Forestal e do Medio Natural xa se deducen das titulacións matrices). 

■Catro destas bolsas de matrícula están dirixidas a estudantes procedentes de Bacharelato e dúas para novos alumnos que acceden a estudos universitarios logo de completar ciclos formativos ou programas de FP.

■Poderán optar a este bolsa alumnos que cursasen e superasen en centros docentes na comunidade galega os dous cursos que conforman calquera das modalidades de Bacharelato e Formación Profesional, e que rematen os seus estudos de Bacharelato ou FP no curso académico 2013-2014 ou 2014-2015 (convocatoria de xuño). 

■Para participar nesta convocatoria de axudas é necesario que a nota media das cualificacións obtidas en Formación Profesional ou nos dous cursos de calquera das modalidades de Bacharelato sexa igual ou superior a 8,75 puntos.

■O prazo de presentación de solicitudes para a presente convocatoria rematará o 30 de xullo de 2015

■Os modelos de solicitude e as bases das citadas convocatorias poden consultarse no BOP da Deputación de Lugo do sábado, día 30 de maio de 2015

■A documentación pode presentarse persoalmente, no rexistro da Deputación Provincial de Lugo, ou ben, mediante envío por mensaxeiro ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) dentro do prazo sinalado. No caso de envío por correo ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4 da LRXPAC.

Máis información: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...