Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

domingo, 28 de junio de 2015

Convocatoria de probas libres para títulos extinguidos de Formación Profesional LOXSE

No curso 2015/2016 entran en vigor novos títulos de formación profesional LOE, por ese motivo o alumnado que non rematou os ciclos da lei anterior LOXSE, ao deixar de impartirse éstes, disporá de dúas convocatorias para presentarse ás probas libres e superar os módulos pendentes para obter a titulación. 





Resultado de imagen de probas libres títulos extinguidos fpAs probas libres inclúen a avaliación de todos os módulos dos ciclos formativos extinguidos e que se relacionan no anexo da orde de convocatoria, agás o módulo de FCT. O alumnado disporá de dúas convocatorias, que terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do ciclo formativo.

Logo de rematadas as dúas convocatorias, o alumnado que aínda teña módulos pendentes e desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse nas ensinanzas do novo título equivalente. Para isto aplicarase o réxime de validacións de módulos regulados no real decreto do título correspondente.

PRAZOS PARA A INSCRICIÓN:
  • Para a primeira convocatoria: do 7 ao 17 de xullo de 2015
  • Para a segunda convocatoria: do 6 ao 16 de maio de 2016

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...