Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

martes, 14 de junio de 2016

Instrucións para o acceso e admisión nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 2016/2017 Galicia. Ciclos Superiores.





Publicouse a Resolución do 31 de maio de 2016 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2016/2017 en Galicia. 

PUBLÍCANSE:
As datas para a solicitude de admisión e inscrición nas probas específicas de acceso e de madureza: Do 14 ata o 20 de xuño. 
As datas e horarios das probas:  A proba de madureza será o 27 de xuño. A proba específica o 7 de xullo.
Os contidos das probas.
As datas para a matrícula nos ciclos. 
Os impresos de solicitude de admisión.
REQUISITOS:

ACCESO DIRECTO: 

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior: 

a) Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.

b) Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato experimental.
c) Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
d) Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
e) Licenciatura en belas artes. Arquitectura. Enxeñaría técnica en deseño industrial.
f) Quen acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder.

ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: 
As persoas que posúan o título de Bacharelato, ou título declarado equivalente, deberán superar unha proba específica.
Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba de acceso, pero no momento de formalizar a matrícula, no mes de setembro, deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.

ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: 
(proba de madureza + proba específica) 
A persoa que non dispoña do título de bacharel, ou equivalente, deberá ter cumpridos os 19 anos, ou os 18 anos, dentro do ano natural da proba, no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder.
A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, pola proba a ciclos formativos de grao superior de FP ou pola proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas, ou pola proba de acceso para os aspirantes ás ensinanzas artísticas superiores de música, arte dramática, deseño e conservación e restauración de bens culturais, que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente.


AS PROBAS: 
Proba de madureza: 27 de xuño.
1ª parte: 10.00-13.00 h.
2ª parte: 17.00-18.00 h.
Proba específica: 7 de xullo.
1º exercicio: 10.00-11.00 h.
2º exercicio: 12.00-14.00 h.
3º exercicio: 17.00-19.00 h.

As probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. 



A PROBA ESPECÍFICA consta de 3 exercicios: 

a) Primeiro exercicio: proba escrita. Desenvolvemento por escrito, tempo máximo 1 h, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos. 
b) Segundo exercicio: realización. Realización, tempo máximo 2 h, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
c) Terceiro exercicio: execución. Execución, tempo máximo 2 h, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que o alumno ou alumna aspira a acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 

A PROBA DE MADUREZA constará de 2 partes:
1ª parte: versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato: - Lingua galega e literatura. - Lingua castelá e literatura. - Lingua estranxeira (inglés ou francés). - Historia de España. - Filosofía e cidadanía .- Historia da filosofía .- Ciencias para o mundo contemporáneo. Cumprirá seleccionar 3 destas materias e desenvolver por escrito 1 cuestión entre 2 que se propoñan, para cada unha das tres elixidas. Tempo máximo 3 horas. Valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.
2ª parte: Historia da arte.


MATRÍCULA:
Do 19 ao 26 de setembro, ambos os dous inclusive.


MÁIS INFORMACIÓN:

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...