Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

miércoles, 9 de marzo de 2016

Como é o BACHARELATO según a LOMCE (Galicia)

1. Os diferentes itinerarios de 1º e 2º de Bacharelato:

1ºBACHARELATO

2º BACHARELATO


2. Como se denominan as materias de 1º e 2º de Bacharelato:





3. Materias de 2º curso que esixen continuidade das de 1º curso: 


4. Principais características do Bacharelato LOMCE:

ACCESO: 
  • Estar en posesión do título de ESO e superar a avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria pola opción de ensinanzas académicas.
  • O título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño e o título Técnico Deportivo permitirá o acceso a calquera das modalidades de Bacharelato.

PERMANENCIA: 
Catro anos.

ORGANIZACIÓN: 
As ensinanzas organízanse en materias troncais, específicas e de libre configuración. Estrutúrase en 3 modalidades
a) Ciencias. 
b) Humanidades e Ciencias Sociais (itinerario Humanidades e itinerario Ciencias Sociais)
c) Artes. 

AVALIACIÓN: 
A Consellería regulará as condicións para que os centros organicen as oportunas probas extraordinarias e programas individualizados.


AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO:

Ao finalizar Bacharelato os alumnos e alumnas realizarán unha avaliación individualizada na que se comprobará o logro dos obxectivos desta etapa e o grao de adquisición das competencias correspondentes en relación coas seguintes materias:
a) Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais. No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a materia cursada en segundo curso.
b) Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos. As materias que impliquen continuidade entre os cursos primeiro e segundo só computarán como unha materia; neste suposto terase en conta só a materia cursada en segundo curso.
c) Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión.

  • Só poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos e alumnas que obtivesen avaliación positiva en todas as materias. Para estes efectos, só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque.
  • A superación desta avaliación requirirá unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
  • Os alumnos e alumnas que non superasen esta avaliación, ou que desexen elevar a súa cualificación final de Bacharelato, poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, previa solicitude. Tomarase en consideración a cualificación máis alta das obtidas nas convocatorias ás que se concorreu.
  • Celebraranse dúas convocatorias anuais, unha ordinaria e outra extraordinaria.
  • No caso de alumnos e alumnas que desexen obter o título de Bacharelato por máis dunha modalidade, poderán solicitar que se lles avalíe das materias xerais e de opción da súa elección do bloque de materias troncais, correspondentes ás modalidades escollidas.
  • A consellería con competencias en educación poderá establecer medidas de atención personalizada dirixidas a aqueles alumnos e alumnas que, téndose presentado á avaliación final de Bacharelato, non a superasen.
  • o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte establecerá para todo o sistema educativo español as características das probas, deseñaraas e establecerá o seu contido para cada convocatoria.
  • A materia de Lingua Galega e Literatura terase en conta para o cálculo da nota obtida nas devanditas avaliacións finais na mesma proporción que a materia de Lingua Castelá e Literatura. Terán exención da realización destas probas os alumnos e as alumnas que estean exentos/as de cursar ou de ser avaliados/as da materia Lingua Galega e Literatura, segundo a normativa autonómica correspondente.

PROMOCIÓN E REPETICIÓN:

  • Para promocionar de 1º a 2º hai que superar as materias cursadas ou ter avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro.
  • Para a promoción só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque
  • Os alumnos e alumnas poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato unha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos una segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.
  • A consellería establecerá as condicións nas que un alumno ou alumna que cursase o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poida pasar ao segundo nunha modalidade distinta. 
  • Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou optar por repetir o curso completo.

TITULACIÓN:

  • O Título de Bacharel facultará para acceder ás distintos ensinanzas que constitúen a educación superior.
  • Para obter o título de Bacharel será necesaria a superación da avaliación final de Bacharelato, así como unha cualificación final de Bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 
  • A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación: 
a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en Bacharelato. 
b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de Bacharelato.

ANULACIÓN DE MATRÍCULA:

  • O alumnado poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro docente, antes do 30 de abril, cando circunstancias de doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
  • A solicitude, á que cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da devandita anulación corresponderalle ao director ou á directora do centro público a que estea adscrito.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:

  • Na organización dos estudos de Bacharelato prestarase especial atención aos alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo. Neste sentido, correspóndelle a Consellería establecer as condicións de accesibilidade e deseño universal e os recursos de apoio que favorezan o acceso ao currículo do alumnado con necesidades educativas especiais, e adaptar os instrumentos e no seu caso os tempos e apoios que aseguren unha correcta avaliación deste alumnado 
  • A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, flexibilizarase nos termos que determine a normativa vixente.


Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:

3 comentarios:

  1. La Filosofía en 1º bachillerato tiene 3 horas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Efectivamente, pasó de 2 a 3 en entre el borrador y el Decreto final. Muchas gracias por el aviso. Ya está corregido.

      Eliminar
  2. He corregido unos errores en los cuadros de las materias específicas en los itinerarios de bachillerato. Gracias a Manu (@arrierreka), compañero de Filosofía, que me lo ha advertido. Mil gracias Manu :-)

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...