Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 29 de abril de 2016

Admisión Arte Dramática 2016 en Galicia

A Consellería de Educación publica as probas específicas de acceso a Arte Dramática en 2016 nesta Resolución do 14 de Abril.
Imaxe da ESAD de Galicia
REQUISITOS DE ACCESO:
  • Título de Bacharelato ou Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • No caso de ter materias pendentes de bacharelato é posible realizar as probas e matricularse provisionalmente nas ensinanzas, tendo ata o inicio de curso (comezos de setembro) prazo para acreditar a obtención do título de Bacharelato. 
INSCRICIÓN:
  • Prazo comprendido entre o 29 de abril e o 14 de xuño de 2016.
  • A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas o modelo para o e. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na Secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda.
PROBAS:

- Proba común a todas as especialidades:
  •  Análise dun fragmento dunha obra literaria. 
  •  Análise dun fragmento dun ensaio teatral. 
- Proba específica según especialidades:
  • INTERPRETACIÓN:  1) Traballo en grupo. 2) Traballo de interpretación. 3) Entrevista persoal.
  • DIRECCIÓN DE ESCENA E DRAMATURXIA: 1) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria. 2) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática. 3) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia. 4) Proba de dirección de actores. 5) Entrevista persoal.
  • ESCENOGRAFÍA: 1) Realización dun debuxo do natural. 2) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto. 3) Comentario dun texto relacionado coa escenografía. 4) Entrevista persoal.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DE ADMITIDOS:
A partir do 8 de xullo.

PROCESO EXTRAORDINARIO DE ACCESO:
No caso de quedaren prazas vacantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá establecer un proceso extraordinario de acceso na primeira quincena de setembro.

MATRÍCULA:
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 12 e 22 de xullo.

2 comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...