Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 20 de mayo de 2016

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza a formación práctica en centros de traballo (FCT) en Galicia

Publicada a Orde  28 de abril de 2016 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

REQUISITOS:

1. Estar matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma ou ensinanzas concertadas coa Conselleria de Educación, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e Programas Formativos.

2. Rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2016.
As solicitudes e os seus anexos preséntanse no centro educativo e establécense DOUS PRAZOS: 

1. O primeiro prazo: trinta e un (31) días naturais contados a partir do 20 de maio de 2016, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2015-marzo 2016, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2016. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2016.


O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2016 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

2. O segundo prazo: será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2016 para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2016. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2016. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral e remate despois do 31 de decembro de 2016 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.


DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude normalizada segundo o anexo I desta orde.
  • Declaración do enderezo de residencia durante o período de realización da FCT, segundo o anexo II desta orde.
  • Fotocopia do DNI en caso de non dar consentimento para a comprobación de datos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...