Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

viernes, 19 de agosto de 2016

Convocados premios ESO ao esforzo e á superación persoal curso 2015/16



Resultado de imagen de premios

DOTACIÓN: Un máximo de 20 premios de 750 euros cada un.

REQUISITOS: 
1. Ter rematado durante o curso 2015/16 4º de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan candidatos/as ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se significan singularmente, e se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.
4. O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado:
a) Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos. 
b) En proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

PRAZO: Un mes a partir do día seguinte da publicación da Orde no DOG o 19 de agosto de 2016.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 
  • As solicitudes deberán presentarse pola persoa interesada, ou polos representantes legais, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311E dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es 
  • Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera rexistro (os centros docentes non se consideran rexistro), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou o anexo I da orde. A dirección é a seguinte: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, 1º andar, 15781 Santiago de Compostela.
  • O centro onde se atopa o expediente do alumno enviará a documentación complementaria á mesma dirección, onde se inclúe un informe xustificativo sobre a proposta elaborado por unha comisión establecida para tal fin. 
PUBLICACIÓN DE SOLICITUDES:
  • A relación provisional de admitidos e excluídos farase pública, finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no portal educativo. Na orde non se informa do prazo. 
  • Os/as interesados/as disporán dun prazo de 10 días para a reclamación ou emenda das carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada.
  • O prazo máximo para publicar a relación definitiva de admitidos ou excluídos será de 5 meses desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polos candidatos e candidatas publicaranse no portal educativo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19771 e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.es/premioseso/; ademais poderá solicitarse información no teléfono 881 99 77 01 da Unidade de Atención a Centros (UAC).
ENLACES:

jueves, 18 de agosto de 2016

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de Formación Profesional para o curso 2016-2017

Publicouse a Resolución do 4 de agosto de 2016 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos de FP para o curso 16-17 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Desenvolve os seguintes puntos:
  • Renuncia, anulación ou baixa de oficio de matrícula.
  • Perda do dereito á avaliación continua.
  • Validacións de módulos profesionais.
  • Solicitude de convocatoria extraordinaria. 
  • Horario do ciclo formativo.
  • Horario do profesorado.
  • Titoría.
  • Proposta de títulos.
  • Módulo de segunda lingua estranxeira.
  • Módulo de proxecto integrado.
  • Módulo profesional de proxecto.
  • Módulo de FCT en FP Básica. 
  • Alumnado repetidor de FP Básica. 
  • Título de Graduado en ESO para os que obteñan o título de FP Básica. 
  • Matrícula de honra en ciclos. 
  • Requisitos das persoas solicitantes de probas libres de títulos de formación profesional establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Materiais en formación profesional a distancia.
  • Actas de avaliación en centros non dependentes da Consellería de Educación.
  • Prazas vacantes do réxime ordinario ocupadas polo alumnado en réxime de adultos.
  • Realización do módulo de Formación en centros de traballo en títulos extinguidos.
  • ANEXO: Distribución por curso dos módulos que constitúen os ciclos de formación profesional, duración anual e distribución horaria semanal en períodos lectivos.

miércoles, 10 de agosto de 2016

Semana de inmersión lingüística en lingua inglesa para 6º de Primaria e ESO "English Week"


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha serie de actividades de formación que se desenvolverán durante o curso escolar, nun centro residencial situado en Galicia, en réxime de internado onde se estimulará a práctica do idioma co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa.



PARTICIPANTES:

Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos que se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.
Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.

CALENDARIO:
Estas actividades realizaranse en réxime de internado, en períodos semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá. 2. Levaranse a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2016, de acordo co seguinte calendario e distribución.
– 1ª quenda: do 9 de outubro ao 15 de outubro, para alumnado de 6º de educación primaria. 
– 2ª quenda: do 16 de outubro ao 22 de outubro, para alumnado de 6º de educación primaria. 
– 3ª quenda: do 23 de outubro ao 29 de outubro, para alumnado de 6º de educación primaria. 
– 4ª quenda: do 30 de outubro ao 5 de novembro, para alumnado de 1º de ESO. 
– 5ª quenda: do 6 ao 12 de novembro, para alumnado de 2º de ESO. 
– 6ª quenda: do 13 ao 19 de novembro, para alumnado de 3º de ESO. 
– 7ª quenda: do 20 ao 26 de novembro, para alumnado de 4º de ESO. 
Centros privados concertados: 
– 8ª quenda: do 27 de novembro ao 3 de decembro, para alumnado de 6º de educación primaria.
– 9ª quenda: do 4 de decembro ao 10 de decembro, para alumnado de 1º e 2º de ESO. 
– 10ª quenda: do 11 de decembro ao 17 de decembro, para alumnado de 3º e 4º de ESO.

SOLICITUDES:
As solicitudes deberán presentarse polos centros preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
O prazo remata o 16 de setembro de 2016. 

FINANCIAMENTO:
O programa inclúe:
1. Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
2. Os gastos de docencia e o material escolar.
3. As actividades culturais e complementarias dos cursos.
4. Os gastos de mantenza e aloxamento.
5. Certificado de realización da actividade.
6. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

ENLACES:
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...