Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

domingo, 16 de octubre de 2016

Convocadas axudas para iniciar estudos no Sistema Univesitario Galego

Resultado de imagen de sistema universitario galego


PRAZO: Ata o 4 de novembro de 2016.

REQUISITOS:
  • Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
  • Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17, dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.
  • Non estar incluídos/as nos casos de exención total de matrícula (artigo 11 do Decreto 80/2016, do 23 de xuño. DOG nº 131, do 12 de xullo). 
  • Non ter recibido esta axuda en convocatorias anteriores.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares:
- Familias de 1 membro: 14.112 euros.
- Familias de 2 membros: 24.089 euros.
- Familias de 3 membros: 32.697 euros.
- Familias de 4 membros: 38.831 euros.
- Familias de 5 membros: 43.402 euros.
- Familias de 6 membros: 46.853 euros.
- Familias de 7 membros: 50.267 euros.
- Familias de 8 membros: 53.665 euros.

A partir do oitavo membro engadiranse 3.391 euros por cada novo membro computable da familia.

CONTÍA DA AXUDA: 
Importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e o mantemento de tarxeta de identidade. Máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura e grao en Belas Artes e de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED441C dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es.
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES:
no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: www.edu.xunta.es/, na epígrafe de Ensinanza/Universidade.

ENLACE Á ORDE: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...