Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

jueves, 10 de noviembre de 2016

Convocatoria de Becas ACOREUROPA V para titulados en FP




O Concello da Coruña convoca o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA V. 

Adxudicaranse 10 bolsas a titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia e Portugal.

O programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP que acadaron a súa titulación en xuño ou en decembro de 2016, incluida la FCT (Formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa

  • CIFP Anxel Casal
  • CIFP Paseo das Pontes
  • CIFP Someso
  • IES A Sardiñeira
  • IES Eusebio da Guarda
  • IES Escola de Imaxe e Son
  • IES Fernando Wirtz
  • IES Ramón Menéndez Pidal
  • IES Urbano Lugrís

OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR:
  • Ter finalizados os estudos de ciclo superior de FP e ter superada a Formación en Centros de Traballo (FCT) do curso 2015/2016 en xuño ou en decembro 2016. No caso dos titulados en decembro de 2016, a súa participación quedará supeditada á xustificación de ter rematado o ciclo e superada a FCT.
  • Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.
  • Non ter participado no programa Bolsas Europa FP do Erasmus+ nos 3 anos anteriores á esta convocatoria, contados a partir do 1 de marzo de 2017, agás a modalidade de bolsas para a FCT.


INSCRICIÓN:  
Abrirase do 7 ao 30 de novembro na web educativa do Concello a través dunha ficha específica do programa e presentando a DOCUMENTACIÓN esixida en calquera dos rexistros municipais, ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

  • Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
  • Declaración responsable de estar ao corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • Se é o caso, calqueira título oficial de idiomas.
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)
  • Os centros educativos presentarán, por cada solicitante que estudase no seu centro, a seguinte documentación: Certificado do expediente académico. Informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente. 


PROCESO DE SELECCIÓN:
Está previsto que se desenvolva durante os meses de decembro e xaneiro para que as persoas seleccionadas poidan facer as súas prácticas formativas durante os meses de marzo a xuño de 2017. Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal realizada pola Comisión, na que estarán representados o Concello e os centros docentes socios do programa.

As 10 bolsas distribúense da seguinte maneira:
  • Belfast/ Llangollen (Reino Unido): 2 bolsas
  • Cork (Irlanda): 2 bolsas
  • Florencia (Italia): 3 bolsas
  • Lisboa (Portugal): 3 bolsas
As bolsas inclúen todos os gastos: viaxes de ida e volta, aloxamento, seguro de atención sanitaria e responsabilidade civil. Ademais as persoas participantes recibirán a cantidade económica para a súa manutención e estadía de 600€ mensuais (coa retención tributaria que corresponda).

MÁIS INFORMACIÓN:
Servizo Municipal de Educación (A Coruña)
Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña
Correo-e: educación@coruna.es
Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)

ENLACES: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...