Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 14 de marzo de 2019

Probas de acceso ó grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UNIVERSIDADE DE VIGO 2019-2020

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de Vigo, para o curso 2019-2020:

O alumnado interesado de 1º bacharelato, ou outras titulacións que aínda non remataran os seus estudos, pode presentarse ás probas físicas desta convocatoria (2019-20) pois, de acadar o APTO, sería válido tamén na convocatoria seguinte (2020-21). 

DATAS DAS PROBAS:
1ª data: 22  de Maio de 2019.
2ª data: 20 de Xuño de 2019.
3ª data: En caso de quedar prazas vacantes realizarase unha convocatoria extraordinaria o 23 de xullo de 2019.

PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para a convocatoria de maio e xuño: Do 11 de marzo ao 10 de abril.
En caso de celebrarse unha convocatoria extraordinaria no mes de xullo o prazo de inscrición será do 3 ó 5 de xullo.

TAXAS DE EXAME:
63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás tres convocatorias.

LUGAR DE EXAME: 
Na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/ 36005, agás a proba de natación, que terá lugar na Piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude).

INSCRICIÓN: 
Os aptos da convocatoria anterior non teñen que presentarse ás probas xa que a cualificación gárdase para o curso seguinte. O APTO gárdase para a convocatoria seguinte, é dicir, este ano tería validez na presente (2019-20) e na seguinte (convocatoria do 2020-21). 
Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse e enviar ou entregar o formulario de inscrición na Facultade, xunto cos documentos que se indican nas instrucións para a inscrición.



PERSOAS CON DISCAPACIDADE:
Poderase adaptar tanto as probas como os protocolos e baremos das probas específicas.

VÍDEO EXPLICATIVO DAS PROBAS: 
Deben superarse con APTO 6 das 7 probas físicas, sendo obrigatorio obter o APTO na 1ª de Habilidades Acuáticas. Todos os exercicios teñen dous intentos excepto a proba de resitencia aeróbica.





2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Buen blog, nos tienes al día de todo!!
    Quería saber si esta prueba se puede hacer sin titulación previa al ser mayor de 25 o necesitas el pau para mayores de 25?

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...