Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Todas las entradas están organizadas en 10 categorías principales, que puedes consultar en la cabecera o en el margen derecho: Orientación académica y profesional, Técnicas de estudio, Tutoría, Atención a la diversidad, Convivencia, Padres, Presentaciones, Vídeos y Cortos, Gestión del Departamento de Orientación, IES A Sardiñeira.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".


Translate

miércoles, 31 de enero de 2018

Convocatoria de bolsas Acoreuropa VI para titulados en FP (2ª convocatoria)


O Concello da Coruña convoca o programa BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA VI (2ª Convocatoria). 
Nesta segunda convocatoria adxudicaranse 14 bolsas a titulados/as de ciclos medios de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración en empresas de Irlanda, Italia, Portugal, Austria e Francia. 

Resultado de imagen de acoreuropa VI O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP que acadaron a súa titulación en decembro de 2017, incluida a FCT (Formación en centros de traballo), e que realizasen os seus estudos en algún dos centros docentes públicos que participan como socios no programa
  • CIFP Anxel Casal
  • CIFP Paseo das Pontes
  • CIFP Someso
  • IES A Sardiñeira
  • IES Fernando Wirtz
  • IES Ramón Menéndez Pidal
  • IES Urbano Lugrís
  • IES Calvo Sotelo
  • Centro de Formación de Cruz Vermella
  • CPR Grande Obra de Atocha
  • CPR Liceo La Paz 9

OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR:
  • Estar en situación de desemprego ou ter escasa experiencia profesional.

INSCRICIÓN:  
  • O prazo abrirase do 1 ao 18 de febreiro. 
  • As persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse en liña na páxina web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica Bolsas ACOREUROPA VI. 1ª CONVOCATORIA; indicando os destinos para os que solicita a súa participación ordenados por preferencia (Ver as bases do programa). 
  • Posteriormente, a documentación do expediente e copia do xustificante da solicitude, asinada pola persoa solicitante (e, no caso de menores de idade, a persoa ou persoas que teñen a súa patria potestade ou tutela), deberá presentarse nos rexistros municipais ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Mesoiro ou Ágora.

DOCUMENTACIÓN: 
  • Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.
  • Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
  • Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
  • Declaración responsable de estar ó corrente do cumprimento das súas obrigacións tributarias co Concello da Coruña.
  • Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
  • Se é o caso, calqueira título oficial de idiomas.
  • CV Europeo (en inglés)
  • Carta de motivación (en inglés)
  • Application form (en inglés)
  • Os centros educativos presentarán, por cada solicitante que estudase no seu centro, a seguinte documentación: Certificado do expediente académico. Informe da titoría do ciclo formativo ou da dirección do centro docente. 


PROCESO DE SELECCIÓN:
  • O proceso de selección das persoas participantes está previsto que se desenvolva durante os meses de febreiro e marzo para que os seleccionados podan facer as súas prácticas formativas durante os meses de maio a agosto de 2018. 
  • Para facer a selección, a Comisión de Valoración terá en conta as cualificacións obtidas nos seus estudos de FP, a súa competencia lingüística de idiomas extranxeiros, a valoración que faga o centro e o resultado dunha entrevista persoal pola Comisión, na que estarán representados o Concello e os centros.

As 25 bolsas distribúense da seguinte maneira:
  • Florencia (Italia): 3 bolsas
  • Lisboa (Portugal): 3 bolsas
  • Cork (Irlanda): 4 bolsas
  • Viena (Austria): 2 bolsas
  • Burdeos (Francia): 2 bolsas

As bolsas inclúen todos os gastos: 

  • As viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario; e ademáis as persoas participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. 
  • O Concello tamén se encarga da xestión do programa: organización das viaxes, a búsqueda de aloxamentos, a búsqueda das empresas de prácticas, así coma da tramitación da documentación ante o SEPIE.


MÁIS INFORMACIÓN:

Servizo Municipal de Educación (A Coruña)
Casas de Paredes. Avda. da Mariña, 18 – 2ª e 3ª prantas. 15001 A Coruña
Correo-e: educación@coruna.es
Teléfono: 981 184 200 (ext: 12114 e 12038)


Gifs ANimados Flechas (61)  ENLACES: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...