Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

martes, 22 de mayo de 2018

Fondo solidario para a adquisición de libros de texto e material escolar 2018/2019

A Consellería de Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

Prazos de presentación de solicitudes: 
  1. Dende o 22 de maio ó 23 de xuño de 2018. 
  2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2019. 
  3. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obtivera praza en FP Básica no curso 2018/19, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes dende a formalización da matrícula.
Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED311D). 
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.


Requisitos:
  • Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado nos cursos obxecto desta convocatoria en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, nun centro sostido con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2018/19.
  • Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
  • Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros (para libros de texto) e 5400 para material. Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2017/18. O prazo máximo para esta devolución será o 22 de xuño 2018 (alumnado de educación secundaria obrigatoria que teña algunha materia pendente ata o 7 de setembro de 2018).
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2018/19 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Pero terá dereito á axuda para adquirir material escolar. 
DOTACIÓN:
Concederanse as axudas segundo a renda per cápita familiar no ano 2016.

Contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP e para alumnado de EE:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €.

b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
1º. Renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
2º. Renta per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.

Alumnado de ESO:
1º. Renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 180 euros.
2º. Renta per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 104 euros.


Contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.


ENLACES PARA INFORMARSE:





1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...