Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

miércoles, 15 de mayo de 2019

Instrucións para a admisión nas ensinanzas superiores de Música 2019

Publicouse a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Música para o curso 2019/20.
Imagen de Pixabay
REQUISITOS ACADÉMICOS:

1º Cumprir un dos seguintes requisitos académicos:

  • Título de Bacharelato ou equivalente. Os que teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba, e no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharel, no prazo extraordinario de matrícula, se houbese vacantes.
  • Título de licenciado ou graduado universitario.
  • Ter superada a Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Para os que non cumpren os requisitos académicos e teñen 16 anos ter superada unha proba de acceso. ENLACE.

2º Superar unha Proba específica de aptitudes:

  • Esta proba específica é obrigatoria para todos os que soliciten admisión e cumpran os requisitos académicos. 
  • A media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional suporá un 40% da cualificación final da proba de acceso. 
  • De conformidade co establecido no artigo 4.1 da Orde do 21 de novembro de 2016, a proba específica de acceso aos Estudos Superiores de Música terá por obxecto demostrar que o aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos.
  • A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/da aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o que son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado

INSCRICIÓN:
  • Prazo comprendido entre o 14 de maio e o 7 de xuño de 2019. 
  • As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/reximeespecial e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
  • Non obstante, tamén se poderá formalizar a inscrición directamente nas secretarías dos conservatorios superiores de música de Galicia. 
  • Os aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. 
  • Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. 
  • Na inscrición da proba hai que indicar a especialidade, o itinerario e a preferencia de centro. 
PROBA DE ACCESO PARA QUEN NON CUMPRA OS REQUISITOS ACADÉMICOS:
17 de xuño de 2019 no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
Ver horarios e características da proba na Resolución do 29 de abril de 2019


PROBA ESPECÍFICA: 
Comezará a partir do 20 de xuño 2019 en cada un dos conservatorios superiores de música de Galicia.
Contidos da proba: Ver Orde do 21 de novembro de 2016. 
Ver horarios e características da proba na Resolución do 29 de abril de 2019

ESPECIALIDADE COMPOSICIÓN:

  • Realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.
  • Presentación e defensa oral de obras e traballos realizados pola/o candidata/o.
  • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata 15 minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola/o candidata/o.
ESPECIALIDADE DIRECCIÓN:

  • Interpretación dun programa de ata 20 minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
  • Análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.
  • Lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido polo aspirante de entre dous propostos polo tribunal.
  • Realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.

ESPECIALIDADE INTERPRETACIÓN (agás itinerario de jazz):

  • Interpretación dun programa de ata 30 minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
  • Análise dunha obra o fragmento musical por proposta do tribunal.
  • Lectura á vista.

ESPECIALIDADE INTERPRETACIÓN, ITINERARIO DE JAZZ:

  • Interpretación dun programa de ata 30 minutos, integrado por obras do repertorio jazzístico. Será requisito indispensable que a persoa aspirante improvise en cada unha delas.
  • Análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.
  • Lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

ESPECIALIDADE MUSICOLOXÍA, ITINERARIO ETNOMUSICOLOXÍA:

  • Análise histórico-estilística, e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.
  • Realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.
  • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata 15 minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola/o candidata/o.
ESPECIALIDADE PEDAGOXÍA, ITINERARIO DE LINGUAXE MUSICAL:
  • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata 15 minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente pola/o candidata/o. A elección do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.
  • Proba vocal individual.
  • Composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. A/o aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.
ESPECIALIDADE DE PRODUCIÓN E XESTIÓN:
  • Desenvolvemento por escrito dunha proposta de proxecto, a partir dun suposto proposto polo tribunal.
  • Desenvolvemento e posterior defensa oral dun tema vinculado a unha cuestión relacionada coa xestión de políticas culturais do contorno musical. Poderase escoller un tema de entre dous propostos polo tribunal.
  • Análise formal e estética dunha obra proposta polo tribunal.
  • Interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.
MATRÍCULA:

O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 9 e 22 de xullo de 2019.

PROCESO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN:
No caso de quedaren prazas vacantes, o centro poderá realizar probas de acceso extraordinarias no mes de setembro, durante a primeira quincena. 

ENLACES: 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...