Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

lunes, 17 de junio de 2019

Instrucións de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño 2019

Publicouse a Resolución do 6 de maio de 2019 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/2020 en Galicia. 

Nesta Resolución pódese consultar a seguinte información:


  • Requisitos de acceso a estas ensinanzas.
  • Datas e horarios das probas
  • Documentación e lugares de inscrición
  • Prazos de reclamación
  • Datas de matrícula nestas ensinanzas
  • Contidos das probas
  • Tribunais avaliadores



Imagen de Pixabay

CICLOS DE GRAO MEDIO
DATA DE INSCRICIÓN
Dende o 24 de maio ata o 6 de setembro
LUGAR DE INSCRICIÓN
Na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda.
REQUISITOS DE ACCESO                       
En caso de ter materias pendentes de superación en setembro pódese facer  a inscrición e logo acreditar os requisitos académicos (o 17 e 18 de setembro).

A proba de madureza pódese sustituír pola proba de acceso a ciclos medios e superiores, pola proba de madureza  para ensinanzas deportivas, ... ver resolución.

A proba específica pódese sustituír polo bacharelato de artes, un título de técnico en artes plásticas e deseño, ... ver resolución

DATA E LUGAR DA PROBA DE MADUREZA
10 de setembro na escola de arte e deseño onde se fixo a inscrición.
DATA E LUGAR DA PROBA ESPECÍFICA
17 de setembro na escola de arte e deseño onde se fixo a inscrición.
DATA DA MATRÍCULA NAS ENSINANZAS
23 e 26 de setembro


CICLOS DE GRAO SUPERIOR
DATA DE INSCRICIÓN
Dende o 24 de maio ata o 25 de xuño
LUGAR DE INSCRICIÓN
Na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda.
REQUISITOS DE ACCESO
En caso de ter materias pendentes de superación en setembro pódese facer  a inscrición e logo acreditar os requisitos académicos (o 17 e 18 de setembro).

A proba de madureza pódese sustituír pola proba de acceso a ciclos superiores, pola proba de madureza para ensinanzas superiores deportivas, ...ver resolución).

A proba específica pódese sustituír polo bacharelato de artes, un título superior de artes plásticas e deseño, ...ver resolución
DATA E LUGAR DA PROBA DE MADUREZA
O 3 de xullo na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela
DATA E LUGAR DA PROBA ESPECÍFICA
O 15 de xullo na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela
DATA NA MATRÍCULA DAS ENSINANZAS
Do 19 ao 30 de xullo


INSTRUCIÓNS PROBAS DE ACCESO: ENLACE

1 comentario:

  1. Existe la opción de presentar las pruebas especificas en español? o solo se presentan en gallego?

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...