Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais en Galicia 2019

Resultado de imagen de acreditación de competencias

A Consellería de Educación publicou a Orde do 4 de decembro de 2018, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

QUE É A ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS?

É un proceso destinado a recoñecer, avaliar e acreditar oficialmente a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. A acreditación de competencias realízase sobre unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes. 

Para elo a A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional convoca cada ano o proceso de acreditación de competencias profesionais.

En cada convocatoria establécese a oferta de unidades de competencia e o número de prazas de distintas familias profesionais, os prazos de solitude de inscrición, o calendario do proceso e as sedes onde se realiza todo o proceso. 


CALES SON AS FASES DO PROCESO DE ACREDITACIÓN?

1º Inscrición.

2º Asesoramento: Nesta fase asígnase un asesor/a que acompañará e aconsellará ó candidato/a para que teña máis posibilidades de superar a fase de avaliación.

3º Proceso de avaliación: Nesta fase poderase demostrar as competencias profesionais para as que se solicite a acreditación mediante métodos de avaliación apropiados ás características do candidato/a. 

4º Acreditación da competencia profesional: Nesta fase entregarase unha acreditación de cada unha das unidades de competencia unha vez que se supere o proceso de avaliación. 



SOLICITUDES: 
  • Prazo: do 14 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2019. 
  • Cada participante presentará unha única solicitude. Poderá elixir unha ou varias unidades de competencia das que se convocan, sempre que estean incluídas nun mesmo ciclo formativo e se desenvolvan nunha mesma sede.
  • A solicitude de participación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), e requirá cubrir previamente os datos na aplicación informática no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, desde onde se xerará o formulario normalizado. 
  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
TAXAS:
  • Fase de asesoramento: única taxa de 20´40 euros.
  • Fase de avaliación: 10´20 euros por competencia.

CALENDARIO DO PROCESO 2019:  (enlace para imprimir)

PARA MÁIS INFORMACIÓN ACCEDE AOS SEGUINTES ENLACES:

2 comentarios:

  1. Felicidades por tu reconocimiento por tu trayectoria en orientación educativa con TIC y en red, Mónica.

    Podéis ver los logos y enlaces más votados en: http://orientadoresenred.blogspot.com/2018/12/enlaces-orientic-mas-destacados-en-2018.html

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...