Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

miércoles, 7 de febrero de 2018

Convocatoria de cursos preparatorios das probas Celga 2019

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca novos CURSOS PREPARATORIOS PARA AS PROBAS DE ACREDITACIÓN da certificación de lingua galega (Celga 1, 2, 3 e 4), baixo as modalidades presencial e teleformación. 
Estes cursos son voluntarios e gratuítos.
REQUISITOS: Ter alomenos16 anos cumpridos no 2019 e para os cursos en liña dispoñer de equipamento técnico (ver convocatoria). 

PRAZO DE INSCRICIÓN: De 20 días a contar a partir do 19 de febreiro de 2019.


PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE: 

No caso dos cursos presenciais: 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera rexistro.

No caso dos cursos de teleformación:
Deberase cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.

DURACIÓN E CUSTO: Son gratuítos e teñen unha duración de 70 horas, distribuídas en sesións de dúas horas e media agás excepcións. (Ver convocatoria)

CURSOS CONVOCADOS: 
Cursos na modalidade presencial (niveis Celga 2, 3 e 4)
Cursos na modalidade de teleformación (niveis Celga 1, 3 e 4).

LOCALIDADES DOS CURSOS PRESENCIAIS: As localidades de realización destes últimos, susceptibles de modificacións en función da demanda efectiva, serán A Coruña, A Estrada, Betanzos, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lugo, Marín, O Carballiño, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sarria, Vigo e Vilagarcía de Arousa. 

DATAS DOS CURSOS: As datas de desenvolvemento serán en abril e maio.

5 comentarios:

  1. Y se sabe ya si hay convocadas pruebas par el celga este año? Y la fecha aproximada?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola, acaban de convocarse las pruebas:
      https://monicadizorienta.blogspot.com.es/2016/08/convocatoria-de-probas-celga-2016.html

      Eliminar
  2. Lo que no me explico es por qué en la página de Normativa Lingüística solo hay material actualizado del año 2015 y ya no se cuelgan exámenes (hablo del Celga 4). Y las plazas que hay en esos cursos son ridículas, hay demasiada gente que se queda fuera. En la EOI pasa lo mismo. Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. La única diferencia es el modo de comunicación, que en la sección online ofrece vídeos estandarizados que reemplazan al profesor de la sección presencial.
    fuente: QueDeCursos.Gratis

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...