Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 9 de marzo de 2018

Convocatoria do programa Idiomas no Mundo 2018

O Concello da Coruña presenta o programa Idiomas no Mundo, que ten por obxeto ofrecer a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2018 en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.

Reunión informativa:
Convócase unha reunión informativa para o alumnado interesado e as súas familias o luns 12 de marzo ás 19:00h no Centro Cívico Municipal dos Mallos.

Resultado de imagen de idiomas no mundo 2018

Hai dous tipos de bolsas:
  • Bolsa total: Beneficiarios seleccionados que non superen os 9.000,00€ anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial: Beneficiarios seleccionados/as que superen os 9.000,00€ anuais de renda per cápita. As familias das persoas beneficiarias desta bolsa terán que facer unha achega variable en función da súa renda.

En caso de bolsa parcial as familias asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do prezo da praza. As porcentaxes que corresponde aboar ás familias variarán en función da renda per cápita e son as que se indican no seguinte cadro:


 O custo máximo da praza é de 2.394,37 €



O alumno convivirá cunha familia en réxime de pensión completa e as actividades incluídas na bolsa son: 
  • 15 Horas de clases intensivas semanais do idioma.
  • Actividades culturais e lúdicas.
  • Material escolar.
  • Seguro de responsabilidade civil.
  • Proba oficial acreditativa do nivel de idioma acadado.

Requisitos:
  • Residir no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, dende o 1 de setembro de 2017. Tamén serán aceptadas residencias posteriores a esa data e anteriores ao final do prazo de presentación de solicitudes nos casos en que se acredite traslado de domicilio e centro educativo motivado por cambio de localidade de residencia ao Concello da Coruña.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO ou 1º de bacharelato.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación media de 6´5 como mínimo e non ter ningunha materia suspensa.
  • Ter obtido no curso anterior, en 3º ou 4º da ESO, unha cualificación de 7 ou máis puntos na materia de lingua/as estranxeira/s pola/s que se queira optar (inglés/portugués/francés/alemán) e estar a cursala/s no curso 2017/2018, agás en portugués, de non se estar a cursar esta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura. En caso de estar a algún dos idiomas na Escola Oficial de Idiomas pódese alegar esa calificación. 
  • O alumnado afectado por algunha discapacidade poderá participar no programa cando o fogar de acollida sexa axeitado ás súas necesidades específicas.

Destinos e prazas: 71 becas en total.
Inglés (Irlanda): 40 plazas
Portugués (Portugal): 14 plazas
Francés (Francia): 14 plazas
Alemán (Alemania o Austria): 3 plazas

Inscrición:
En liña na web municipal www.edu.coruna.es a través da ficha específica. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se debe de imprimir. A ficha de solicitude, asinada e a documentación do expediente deberá presentarse nos rexistros municipais ou por calquera outro medio permitido pola Lei de Procedemento Administrativo.

Prazo de solicitude:
Do 5/03/2018 ata o 28/03/2018

Contacto:
Servizo Municipal de Educación
Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18, 2º15001- A Coruña
Tel.: 981 184 200 ext. 12038 e 12043
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es
Servizo Municipal de Educación

Máis información en:
Páxina web





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...