A Consellería de Educación introduce en Galicia unha novidade nos itinerarios de bacharelato fruto dun acordo parlamentario do 18 de outubro de 2017 respecto da materia de Historia da Filosofía.
Este cambio pode ter como consecuencia que no apartado de "materias troncais de opción", no que o alumnado podía escoller dúas materias según os itinerarios que lle ofrecían os centros educativos, agora interprétase que sólo poderán escoller unha materia das outras catro do grupo (Economía da Empresa, Xeografía, Historia da Arte e Grego II).
No caso das modalidades de Ciencias e Artes o alumnado poderá escoller Historia da Filosofía no apartado de materias específicas, que será de oferta obrigatoria para todos os centros educativos.
Esta modificación aparece regulada na ORDE do 19 de abril de 2018 pola que se regulan aspectos relativos áorganización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Á partir deste momento os centros terán que modificar os seus itinerarios de bacharelato para introducir esta modificación do Decreto 86/2015 en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario