Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

sábado, 23 de junio de 2018

Instrucións de admisión na FP en Galicia para o curso 2018/2019

Consulta aquí todas as novidades sobre a admisión en FP para o curso 2018/2019.






PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • Período ordinario: do 25 de xuño ao 3 de xullo de 2018
  • Período extraordinario: do 3 ao 11 de setembro de 2018

CALENDARIO OFICIAL DE ADMISIÓN PUBLICADO NA WEB DA CONSELLERÍA:

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:
  • A solicitude vía web é obrigatoria e realizarase para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
  • Deberá cubrirse unha única solicitude para cada grao (medio ou superior).
  • Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. 
  • No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
As persoas con praza adxudicada poden: 
  • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos.
  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. 
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.


REQUISITOS DE ACCESO: (Normativa: Orde do 15 de xullo de 2016)

CICLOS DE GRAO MEDIO - RÉXIME ORDINARIO:
  • Título de ESO (LOE ou LOXSE).
  • Título de ESO con avaliación final pola opción de ensinanzas aplicadas (LOMCE).*
  • Título de técnico auxiliar.
  • 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos.
  • 2º Curso de primeiro ciclo experimental da REM.
  • Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental.
  • Título profesional básico.
  • Módulos obrigatorios dun PCPI.
  • Algún dos citados no artigo 7 (requisitos de acceso a ciclo superior).
  • Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
  • Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional as persoas que superasen:
  1. O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
  2. A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas e Deseño.
*O título de ESO permitirá acceder indistintamente a calquera das ensinanzas postobrigatorias, non teñen efecto académico as probas de avaliación final (A disposición derradeira quinta da LOMCE foi modificada polo Real decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, e desenvolvido polo Real decreto 562/2017, do 2 de xuño,  ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación).

CICLOS DE GRAO SUPERIOR - RÉXIME ORDINARIO:
  • Título universitario.
  • Título de técnico superior ou de técnico especialista.
  • Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
  • Certificado de superación de todas as materias do bacharelato LOMCE.
  • COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
  • BUP.
  • Título de técnico.
  • Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
  • Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
RÉXIME DE ADULTOS PRESENCIAL OU A DISTANCIA:
  • Cumprir alomenos 18 anos no ano natural en que comeza o ciclo. 
  • Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de 16 anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos polo réxime ordinario, ou sexan deportistas de alto rendemento. As persoas que accedan por esta condición poderán matricularse no caso de haber prazas liberadas con autorización da inspección educativa. 
  • Cumprir algún dos requisitos académicos de acceso ao réxime ordinario. 
  • Acceso sin requisitos académicos: No caso de haber prazas liberadas poderase acceder á oferta parcial con acreditación de experiencia laboral equivalente ao traballo tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector laboral do ciclo. Esta formación será acumulable, e para a obtención do título completo haberá que acreditar o cumprimento dos requisitos académicos.
RÉXIME DUAL:
  • Ter entre 18 e 29 ou cumpridos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.


DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS. CICLOS MEDIOS:

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral (90%), cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).

CICLOS MEDIOS RÉXIME ORDINARIO
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
  • Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
  • Grupo B, persoas que teñen título profesional básico (FPB) ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

GRUPO A
ESO ou equivalentes
GRUPO B
FPB e PCPI
GRUPO C
Probas de accceso e outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%

PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA GRUPO (CICLOS MEDIOS)

Grupo A.
1º Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
2º Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:

  • Alumnado con título de técnico auxiliar. 
  • Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP. 
  • Alumnado con título de bacharelato superior. 
  • Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental. 

Grupo B.

1º Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita. Ver preferencias

2º Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
3º Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.


Grupo C.


1º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio. 

2º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 
3º Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño 
4º Alumnado con título de técnico. 
5º Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. 
6º Alumnado con título de bacharelato. 
7º Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. 
8º Alumnado con título universitario.


En caso de empate seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza (ver sexo preferente). De persistir o empate, resolverase pola letra do apelido según o resultado do sorteo de 2018 (Ver letras de prioridade). 

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS. CICLOS SUPERIORES:


As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral (90%), cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).


CICLOS SUPERIORES RÉXIME ORDINARIO:
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:

  • Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos. 
  • Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE. 
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:
GRUPO A
Bacharelato ou equivalentes
GRUPO B
Título de técnico
GRUPO C
Probas de acceso e outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%


PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA UN DOS GRUPOS (CICLOS SUPERIORES):


Grupo A.
1º Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato. Ver modalidades preferentes e materias vinculadas.
2º Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3º Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
4º Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato LOMCE da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo (non aplicable para este curso)
5º Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
6º Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

Grupo B.
1º Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
2º Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

Grupo C. 
1º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 
2º Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos. 
3º Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. 
4º Alumnado con título universitario. 

En caso de empate seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza (ver sexo preferente). De persistir o empate, resolverase pola letra do apelido según o resultado do sorteo de 2018 (Ver letras de prioridade). 

ADMISIÓN NO RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS:

Deberá cubrirse unha única solicitude para cada modalidade e grao utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.es/fp. Recoméndase ter en conta os itinerarios formativos orientativos.

Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada unha das cotas. En cada cota de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral, os módulos superados no ciclo e as unidades de competencia do ciclo acreditadas.

Neste réxime non existen grupos diferenciados dentro de cada cota de acceso. 
Puntuacións:
a) Por cumprir os requisitos de acceso: 10 puntos. 
b) Pola experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo puntuarase con 0,25 puntos por cada 30 días, ata un máximo de 15 puntos. 
c) Por módulos xa acreditados do ciclo formativo: 2 puntos por cada módulo. 
d) Por unidades de competencia obtidas por participar nos procesos de acreditación de competencias que dean lugar a validación de módulos profesionais do ciclo formativo que se solicita: 2 puntos por cada módulo que fose validable.

En caso de empate procederase como no réxime ordinario: sexo preferente e letras de prioridade. Ver criterios de desempate. 

As persoas con praza adxudicada poden:
  • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Quedará en lista de espera dos módulos do ciclo no que se matricule e que non foran adxudicados. Estar matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos.
  • Non matricularse: seguirase no proceso de adxudicación para os módulos nos que esté en espera. 
O alumnado matriculado nalgún módulo non ten dereito á reserva de praza para o curso seguinte, polo que deberá someterse no curso seguinte ao proceso de admisión.

O alumnado que desexe repetir un módulo profesional polo réxime para as persoas adultas deberase someter a un novo proceso de admisión, sempre que non esgotase o número de convocatorias a que ten dereito.

ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE PASA A 2º CURSO DE CICLOS:
  • O alumnado que se promova de 1º a 2º curso no mesmo centro deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o segundo curso.
  • O alumnado terá dereito a repetir con praza reservada por unha vez no mesmo centro no ano seguinte.
  • O alumnado que se promova ao segundo curso e o repetidor de segundo curso que desexe formalizar a matrícula nun centro diferente deberá presentar nel a solicitude de admisión establecida no anexo I.

ALUMNADO QUE ACCEDE POLA COTA DE DISCAPACIDADE:
  • O alumnado que optase a prazas reservadas para persoas con discapacidade asistirá a unha reunión individual convocada polo Departamento de Orientación do centro educativo que solicitase en primeira opción. 
  • Será obrigatorio levar o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo á reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se estime oportuno. 
  • A finalidade da reunión será que a persoa reciba información sobre o currículo das ensinanzas solicitadas, en particular sobre as dificultades que a consecuencia da discapacidade poidan aparecer para a adquisición dos resultados de aprendizaxe do ciclo. 
  • O Departamento de Orientación emitirá un informe, que proporcionará a persoa solicitante, no que constará unha orientación específica e se incluirá unha proposta razoada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante que, de ser o caso, poderá modificar a súa solicitude. 
  • De ser necesario poderase contar coa axuda do equipo de orientación específico da provincia. 
  • Poderanse solicitar informes dos membros da inspección médica de cada delegación para valorar as solicitudes do alumnado con discapacidade e as posibles limitacións para poderen cursar con aproveitamento as ensinanzas.

MATRICULACIÓN E RENUNCIA:
  • As persoas con praza adxudicada en cada fase do proceso teñen a obriga de matricularse nos prazos que se indiquen.
  • No 1º curso do réxime ordinario, quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos prazos establecidos para a matrícula. Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións con maior prioridade.
  • A renuncia deberase realizar co impreso correspondente, que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberá entregarse no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que lle fose adxudicada a praza á que vai renunciar. 
  • No caso de solicitudes presentadas telematicamente tamén se poderá realizar a renuncia a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp. 

LIBERACIÓN DE PRAZAS: 
  • A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar as prazas vacantes do ciclo formativo ata o 5 de outubro ás 13:00 horas para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. 
  • Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. 
  • A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.

ADXUDICACIÓN CONTINUADA:
Logo de finalizado o prazo de matriculación da segunda adxudicación extraordinaria. A continuación abrírase un proceso de adxudicación de prazas vacantes residuais nas que exista lista de espera. Entre o 25 e o 29 de setembro ás 13:00 horas, os centros con prazas nesta situación, efectuarán chamamentos telefónicos ás persoas que corresponda segundo a lista de espera para cubrir as prazas vacantes. Ver instrucións.

MATRÍCULA SIMULTÁNEA:
O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou en ESO poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea de acordo co procedemento. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 25 de setembro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera, ata o 28 de setembro. Ver instrucións.

CICLOS CON PROBAS PSICOFÍSICAS:
Grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas.
Grao medio de Emerxencias e Protección Civil.

ENLACES PARA INFORMARSE:

7 comentarios:

  1. El programa informático no permite realizar solicitudes en distinto régimen.
    Permite realizar un máximo de 4 solicitudes (de hasta 10 módulos cada una) dentro de un mismo régimen, pero si quieres hacer una solicitud en régimen ordinario y otra en régimen adulto presencial no te permite realizarlas dentro de una misma solicitud. Tengo el miedo de tramitar una de las dos y que luego no me deje tramitar la segunda, porque sería un segundo expediente a mi nombre
    ¿ayuda?

    ResponderEliminar
  2. Me han quedado tres para septiembre, pero espero titular. Cuando tengo que solicitar reserva de plaza, en junio o en septiembre?

    ResponderEliminar
  3. ¿A hora de matricularse na FCT despois de ter xa cursados todos os modulos a distancia en que modelidade se fai? ¿Podese facer a solicitude via web para o FCT e entregala en calquer centro? O ano pasado os modulos que me concederon na primeira adxudicación deixabame reservalos na plataforma web e matricularme a posterior en setembro ¿Podería facer o mesmo este ano?

    ResponderEliminar
  4. Artigo 16 da orde de admisión: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160627/AnuncioG0164-210616-0003_gl.html

    ResponderEliminar
  5. Boas, podese cursar un ciclo superior de reximen ordinario de persoas adulta e a vez facer carreira universitaria?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sí, podes, pero o ciclo se é presencial, tes que ir a clase, e no grao tamén deberías asistir.

      Eliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...