Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

domingo, 1 de marzo de 2020

Bolsas "Idiomas do mundo" 2020

O Concello da Coruña presenta o programa Idiomas no Mundo, que ten por obxeto ofrecer a oportunidade ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de realizar unha actividade de inmersión lingüística de catro semanas durante o verán de 2019, no mes de xullo, en inglés, portugués, francés ou alemán, en diversas cidades de Europa.


PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata ao 6 de marzo de 2020. 

LUGAR DE INSCRICIÓN: 

As persoas interesadas deberán inscribirse en liña na web municipal www.coruna.gal/educacion a través da ficha específica "Idiomas do mundo 2020". 

DURACIÓN DA ACTIVIDADE:
4 semanas de duración, preferentemente durante o mes de xullo de 2020.

DESTINOS E PRAZAS: 60 prazas en total.
  • Irlanda, 37 prazas
  • Francia, 10 prazas
  • Portugal, 10 prazas
  • Alemaña ou Austria, 3 prazas


REQUISITOS:
  1. Constar empadroada no Concello da Coruña xunto co seu pai e/ou nai ou representante legal, desde o 1 de setembro de 2019
  2. Estar cursando, no réxime xeral, 4º de ESO ou 1º de Bachillerado no curso 2019/20
  3. Obter no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben (6) en 3º ou 4º de ESO e non ter ningunha materia suspensa
  4. Obter no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben (6) en 3º ou 4º de ESO nas lingua/as estranxeira/s para as que se solicite o programa (inglés, francés/inglés/portugués ou galego). No caso de estar a cursar algún destes idiomas na Escola Oficial de Idiomas poderase alegar a cualificación obtida nela. Para o caso de portugués, de non estar a cursar nesta materia, a cualificación a valorar será a correspondente á materia de lingua galega e literatura do curso anterior
  5. Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), o número de identidade do estranjero (en diante, NIE) e o pasaporte.
  6. Non ser beneficiario no ano 2019 do programa "Idiomas do mundo 2019" nin do "Junior Year 2019/2020.
  7. O alumnado afectado por algunha discapacidade poderá participar no programa cando o fogar de acollida sexa axeitado ás súas necesidades específicas.

PREZO / CUSTO: 
Tipo de bolsas.
  • Bolsa total. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que non superen os 9000,00€ anuais de renda per cápita.
  • Bolsa parcial. Serán beneficiarias as persoas seleccionadas que superen os 9000,00€ anuais de renda per cápiita. As familias asumirán un mínimo do 5% e un máximo dun 95% do custo total da praza, calulado en función da súa renda.
O alumno convivirá cunha familia en réxime de pensión completa e as actividades incluídas na bolsa son: 


  • 15 Horas de clases intensivas semanais do idioma.
  • Actividades culturais e lúdicas.
  • Actividades adicionais de idioma.
  • Material escolar.
  • Seguro de responsabilidade civil.
  • Proba oficial acreditativa do nivel de idioma acadado.

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTO:
Servizo Municipal de Educación
Telf.: 981 184 200
educacion@coruna.es
Enlace Web do Concello








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...