Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

lunes, 23 de marzo de 2020

Departamento de Orientación do IES A Sardiñeira durante a cuarentena por COVID-19

ORIENTACIÓN NO IES A SARDIÑEIRA DURANTE A CUARENTENA POR CORONAVIRUS
 Resultado de imagen de covid 19

COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN:
Todo o alumnado e os seus pais/nais/titores legais do IES A Sardiñeira poderán manter a comunicación continuada para calquera tipo de consulta, co Departamento de Orientación a través do seguinte mail:
orientacion.sardineira@gmail.com
Procurarase realizar unha resposta inmediata. No corpo da mensaxe é necesario identificarse co nome e curso do alumno/a.
En caso de preferir contactar telefónicamente deixar na mensaxe un número de teléfono e procurarase realizar a chamada o antes posible.  



AUTOORIENTACIÓN:


Recoméndase ó alumnado aproveitar estes días para autoorientarse cos recursos de interese disponibles neste blogue de orientación, o cal se irá actualizando periódicamente, e solicitando guía e axuda por mail.


POSIBLES CONSULTAS A REALIZAR:
  • Dificultades emocionais, de ansiedade, distimia, ... .
  • Dificultades de comportamento, de relación, de autocontrol, de comunicación.
  • Dificultades do sono, alimentarias, activación física.
  • Dificultades e dúbidas no acompañamento a alumnado con TDAH, TEA, Trastorno da conduta, depresión e outras condicións ou dificultades específicas.
  • Dificultades de organización, xestión e planificación das tarefas académicas.
  • Dificultades de comunicación cos titores/as e profesorado de materias específicas.
  • Dificultades de control e xestión no uso de redes sociais e tecnoloxías.
  • Dúbidas sobre xestións académicas: prazos, avaliacións, probas, inscricións, ABAU,,... .
  • Solicitude de información e orientación sobre calquera tema académico: acceso a estudos, elección de optativas, elección de estudos, coñecemento de opcións educativas ó rematar á etapa, ... .



GUÍAS PARA AFRONTAR A CUARENTENA:
Recoméndase seguir a seguinte etiqueta neste bloque, onde se irá proporcionando información e guías para axudar a afrontar o confinamento por Covi-19: Cuarentena por Coronavirus.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...