Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

viernes, 10 de marzo de 2023

XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional do Concello da Coruña

Xornadas organizadas pola Universidade da Coruña e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, que teñen como obxectivo informar o alumnado dos estudos universitarios que se ofertan nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO), os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña. 





Destinatarios: 

  • Alumnado de 4º de ESO e CB: pode inscribirse nas visitas ós centros de FP.

  • Alumnado de bacharelato: pode inscribirse nas visitas ós centros de FP e nas mesas de información de titulacións universitarias que se celebrarán na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (Campus de Elviña) 


Data de inscrición para o alumnado de fóra do Concello da Coruña: Do 13 ó 16 de marzo de 2023. O alumnado ten que inscribirse pola súa conta na aplicación específica e acudir á xornada tamén pola súa conta. 


Data de celebración das xornadas: Do 20 ó 30 de marzo de 2023 en horario de tarde. 


Novidades: 

  • As sesións das mesas universitarias publicaranse a posteriori na canle de Youtube: @CorunaEducaMemoria.
  • As mesas universitarias realizaranse na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos (CAMPUS DE ELVIÑA).
  • Durante a semana do 20 ao 24 de marzo haberá un punto informativo na sede das XOUP atendido por persoal da Rede Municipal de Información Xuvenil e do Servizo de Estudantes da UDC.


Enlace á información sobre as Xornadas:

https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/xornadas-de-orientacion-universitaria-e-profesional-xoup-2023/contenido/1453802153952








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...