Publicouse a Circular nº 2/2020 pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato para o curso 2019/2020:
O alumnado de 2º curso de bacharelato pode realizar unha reclamación ás cualificacións obtidas na avaliación final do curso.
PROCEDEMENTO:
Este procedemento, exclusivo para o alumnado de 2º de bacharelato, consta de tres fases:
1ª Fase: RECLAMACIÓN NO CENTRO EDUCATIVO.
A reclamación realízase no centro, dirixida ó Director/a, o cal trasladará a reclamación ó Departamento Didáctico correspondente.
2ª Fase: RECLAMACIÓN ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN.
Contra a resolución do Departamento Didáctivo o alumno/a pode solicitar que a dirección remita o expediente de reclamación á comisión de supervisión, que resolverá no prazo máis breve posible, antes do remate da matrícula na ABAU (31 de maio - convocatoria ordinaria / 3 de xullo- convocatoria extraodinaria).
3ª Fase: RECURSO CONTENCIOSO - ADMINISTRATIVO.
Contra a resolución da comisión de supervisión, que esgota a vía administrativa, o alumno/a ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses.
PRAZOS DE RECLAMACIÓN NO CENTRO:
- Convocatoria ordinaria: 10 e 11 de xuño de 2020 (ata as 14:00 horas).
- Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2020 (ata as 14:00 horas).
PRAZOS DE RECLAMACIÓN ANTE A COMISIÓN DE SUPERVISIÓN:
(Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo):
- Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 17 de xuño de 2020.
- Convocatoria extraordinaria: antes das 18 horas do día 7 de setembro de 2020.
ENLACES PARA INFORMARSE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario