Este blog de orientación educativa está creado para informar y ofrecer recursos a toda la comunidad educativa (alumnos, padres, profesores, tutores, ...), de educación secundaria.

Para poder ver todas las entradas publicadas en una misma etiqueta o temática deberás ir al final del blog a "entradas antiguas".

Translate

jueves, 22 de junio de 2023

Convocatoria extraordinaria da ABAU 2023

Resumo da convocatoria extraordinaria da ABAU 2022 que se celebrará o 11, 12 e 13 de xullo de 2023. 


👉CONVOCATORIA OFICIAL DA ABAU EXTRAORDINARIA.

👉DATAS CLAVE:

XUÑO 2023: 

  • MATRÍCULA ANTICIPADA: Do 26 ó 30 de xuño.
  • MATRÍCULA NOS CENTROS: Do 27 ó 30 de xuño

XULLO 2023: 

11 – 12 - 13: REALIZACIÓN DA PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU) DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA.

19: Envío polas persoas responsables do Soporte NERTA ás persoas interesadas, por correo electrónico, das cualificacións provisionais da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade.

20 –24: Solicitudes de “Revisión” ás cualificacións da proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade da convocatoria extraordinaria, ata as 14:00 horas do día 24.

VER CALENDARIO COMPLETO 









2) Teño superada a ABAU na convocatoria ordinaria. Podo presentarme na convocatoria extraordinaria para mellorar a nota?
Si.
A nota da parte obrigatoria é unha única cualificación e consérvase a mellor das cualificacións.
Na parte voluntaria, consérvase a mellor cualificación de cada unha das materias das que te examines. Cada nota de materias da parte voluntaria só se conserva durante dous cursos académicos.
Debe de terse en conta que no proceso de admisión ten prioridade o estudantado que ten superada a ABAU na convocatoria ordinaria ou anteriores, polo que se melloras a nota de admisión esta non terá efectos ata o curso seguinte.

3) Podo presentarme só a algúns exames da parte obrigatoria?
Non.
Se un/unha estudante se presenta á parte obrigatoria, debe facelo de forma completa, ás cinco materias desta parte: Lingua castelá e literatura II, Lingua galega e literatura II, Historia de España II, Primeira lingua estranxeira II e a materia xeral do bloque de materias troncais que cursou segundo a modalidade ou o itinerario de bacharelato cursado (Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II ou Fundamentos da arte II). Se non se presenta a algunha destas materias será cualificado cun 0 nesa materia. Non se garda ningunha nota das materias da fase obrigatoria para outras convocatorias.

16) Se me presento ás probas ABAU (parte obrigatoria e parte voluntaria) e non supero a parte obrigatoria, consérvase a parte voluntaria para o ano seguinte? Consérvase para a convocatoria extraordinaria?
Non.
Se non se aproba a parte obrigatoria non se conservan as notas da parte voluntaria.
A parte obrigatoria consérvase para sempre.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...