Páginas

lunes, 20 de febrero de 2023

Qué son os Programas de Diversificación Curricular

Que son os PDC?

Os programas de diversificación curricular son unha medida extraordinaria de atención á diversidade para responder ás necesidades do alumnado que presenta dificultades de aprendizaxe.  

Consisten nunha modificación e nunha adaptación do currículo desde o 3º ESO e están orientados á consecución do título de graduada ou graduado en ESO por parte do alumnado que presente dificultades relevantes de aprendizaxe e para o cal, tras ter recibido medidas de atención á diversidade nos dous primeiros cursos da etapa, se considere que é a medida máis axeitada para a obtención do dito título.

viernes, 17 de febrero de 2023