Páginas

martes, 29 de mayo de 2018

Estudar Ensinanzas Deportivas

Son ensinanzas especiais porque teñen condicións especiais de acceso, son regradas e oficiais, destinadas á obtención do título de técnico e técnico superior deportivo.
Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva.
Estrutúranse en dous graos:


Grao Medio: Co que se obtén o título de técnico deportivo nunha especialidade deportiva. Este grao comprende dous niveis:
  • 1º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase a iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel Superior.
  • 2º nivel: Cunha duración de máximo 1100 horas. Ensínase o perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun técnico Superior. O título de técnico dará acceso a calquera das modalidades de bacharelato.
Grao Superior: Co que se obtén o título de técnico Superior nunha especialidade deportiva. Ten unha duración máxima de 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar escolas deportivas. O título de Técnico Superior dará acceso directo aos estudos universitarios.

Que títulos se obteñen?: ENLACE Ó PLAN DE ESTUDOS.
Existen títulos tanto de Técnico como de Técnico Superior nas seguintes especialidades: Fútbol, Fútbol sala, Deportes de inverno (esquí alpino, esquí de fondo e snowboard), Deportes de montaña e escalada, Atletismo, Balonmán, Vela, Hípica, Mergullo, Judo, Salvamento, Piragüismo.

Plan de estudos dos diferentes títulos: ENLACE Á ORGANIZACIÓN CURRICULAR DOS TÍTULOS.

Técnico deportivo en Esquí Alpino
Técnico deportivo superior en Esquí Alpino
Técnico deportivo en Esquí de Fondo
Técnico deportivo superior en Esquí de Fondo
Técnico deportivo en Snowboard
Técnico deportivo superior en Snowboard
Técnico deportivo en Fútbol
Técnico deportivo superior en Fútbol
Técnico deportivo en Fútbol Sala
Técnico deportivo superior en Fútbol Sala
Técnico deportivo en Atletismo
Técnico deportivo superior en Atletismo
Técnico deportivo en Baloncesto
Técnico deportivo superior en Baloncesto
Técnico deportivo en Balonmán
Técnico deportivo superior en Balonmán
Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Salto, Doma e Concurso Completo
Técnico deportivo nas disciplinas hípicas de Resistencia, Orientación e Turismo Ecuestre
Técnico deportivo superior en Hípica
Técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo
Técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo
Técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo
Técnico deportivo en Vela con Aparello Fixo
Técnico deportivo en Vela con Aparello Libre
Técnico deportivo superior en Vela con Aparello Libre
Técnico deportivo superior en Vela con Aparello Libre
Técnico deportivo en Judo e Defensa Persoal
Técnico deportivo en Piragüismo de Augas Tranquilas
Técnico deportivo en Piragüismo de Augas Bravas
Técnico deportivo en Piragüismo Guía Recreativo de Augas Bravas


Requisitos de acceso: ENLACE Á NORMATIVA.
  • Grao Medio, 1º nivel : Título de ESO (tanto por ensinanzas académicas como aplicadas) + proba específica da modalidade deportiva á que opta. Para os que non teñan a ESO poden acceder coa superación dunha proba de madureza e con 17 anos. A proba de madureza pode ser convalidable pola proba de acceso a CM. 
  • Grao Medio, 2º nivel: Ter superaro do 1º nivel. 
  • Grao Superior: Título de Bacharelato ou equivalente ou certificado acreditativo de ter superadas todas as materias de bacharelato + título de grao Medio (Técnico Deportivo). Para algunhas especialidades hai que acreditar méritos deportivos. Para os que non teñan o título de bacharel poden acceder se superan unha proba de madureza e teñan 19 anos. Esta proba pode ser convalidable pola proba de acceso a CS.
Calendario a ter en conta:
  • Inscrición nas probas: xuño - xullo.
  • Realización das probas: Ao longo do mes de setembro (cada centro e cada especialidade ten unhas datas concretas). 
  • Matrícula nas ensinanzas: setembro.
Postos de traballo: 
Pódeste adicar ao adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo.

Acceso a outras ensinanzas:
  • O título de Técnico Deportivo da acceso a calquera modalidade de bacharelato.
  • O título de Técnico Deportivo Superior permitirá o acceso a estudos universitarios de grao previa superación dos procedimentos de admisión.
Oferta destas ensinanzas en centros públicos en Galicia: 


Outros estudos afíns a estas ensinanzas: 

MÁIS INFORMACIÓN: 
Normativa das ensinanzas deportivas.Probas de acceso a ensinanzas deportivas
Contido das probas por especialidade
Información sobre ensinanzas deportivas na web da Consellería.
Oferta educativa das ensinanzas deportivas.
Organización curricular das ensinanzas deportivas.
Accede ao documento "preguntas frecuentes"


No hay comentarios:

Publicar un comentario