Para o acceso a ciclos superiores resérvase o 20% das prazas para os alumnos que acceden mediante proba, e terase en conta a nota media acadada.
Debes saber que a proba de acceso a ciclos superiores non é común , como a de ciclos medios, senón que examinaraste dunhas materias ou outras en función do ciclo ao que desexes acceder.
A proba consta de dúas partes:
Parte común: Consta de tres exames de materias de 2º de Bacharelato.
- Lingua Galega.
- Lingua Castelá.
- Matemáticas.
- Opción A: Economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía.
- Opción B: Debuxo Técnico, tecnoloxìa industrial e física.
- Opción C: Ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía.
Pódese solicitar exención da proba completa ou dalgunha parte da proba segundo o que se especifica neste cadro:
Igual que na proba de acceso a ciclos de grao medio, para presentarte a esta proba terás que cubrir un impreso de inscrición, e entregalo nun centro que imparte FP, xunto coa copia do DNI e documentación xustificativa no caso de solicitar a exención dalgunha parte da proba. Tamén se pode realizar a solicitude via web.
As familias profesionais ás que podes acceder segundo a opción da proba pola que te presentes a, b ou c, son as seguintes:
Distribución das prazas dos ciclos:- O 80% das prazas dos ciclos resérvanse para os que solicitan acceso directo.
- O 20% resérvase para os que acceden mediante proba.
- Dentro de cada porcentaxe resérvase un 10% para os estudantes que teñan recoñecida unha discapacidade.
- En tódolos ciclos haberá un 3% adicional de prazas reservadas para as persoas que cumpran os requisitos de deportista galego de alto nivel.
- Quen cumpra simultáneamente os requisitos de acceso directo e os de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión.
Novidades na proba a partir de 2016:
MÁIS INFORMACIÓN:
MATERIAS PARA PREPARAR A PROBA:
As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos (enlace)
MÁIS INFORMACIÓN:
No hay comentarios:
Publicar un comentario