Dende o ano 2004 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven establecendo convenios coa universidade co fin de recoñecer a correspondencia entre os ciclos superiores de FP con materias dos estudos universitarios que se imparten nas tres universidades galegas.
Unha vez que o alumno acade o acceso á universidade, respectando o proceso de preinscripción e matrícula, as tres universidades galegas recoñecerán créditos dos estudos universitarios, sempre que o currículo sexa coincidente coas materias do ciclo superior correspondente.
Neste enlace pódese consultar o catálogo vixente de validacións de créditos para técnicos superiores que accedan a estudos universitarios. Os créditos que aparecen nestas táboas teñen un recoñecemento directo. Para facer efectivo o recoñecemento haberá que realizar unha solicitude según a normativa de cada universidade. No caso das titulacións de FP que non teñen un recoñecemento directo, poderase solicitar o recoñecemento de créditos na universidade se se considera oportuno.
ENLACES:
ENLACES:
- Catálogo de validacións para técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios (Actualizado o 13/11/2019).
- Relación de validacións de materias e de créditos de libre elección de titulacións universitarias oficiais correspondentes á anterior ordenación, (licenciaturas, enxeñarías, arquitectura e diplomaturas) para os titulados en formación profesional de grao superior).
No hay comentarios:
Publicar un comentario