1. QUE SON OS CELGA:
CELGA é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Configurado mediante distintos niveis de lingua, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos:
- Lingua e comunicación: funcións comunicativas,
- Lingua e sistema: coñecemento do código e Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais.
2. NIVEIS DOS CELGA:
Hai cinco niveis, CELGA1, CELGA2, CELGA3, CELGA4 e CELGA5 por orde de menor a maior dificultade.
Os CELGA permiten certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos.
3. EXAME PARA OBTER OS CERTIFICADOS CELGA:
Os certificados obtéñense mediante un exame que deberá ser superado e que terá lugar en dúas convocatorias anuais. Esta proba será de carácter obrigatorio e avaliada por un tribunal. A proba pódese preparar por libre ou mediante a asistencia a cursos preparatorios, convocados pola Xunta de Galicia. Pero a asistencia a ditos cursos non dá dereito a obter un certificado.
4. PREPARACIÓN DOS EXAMES:
Para preparase para os exames do CELGA hai dúas opcións: asistindo a un curso preparatorio para o nivel do CELGA ao que queira optar e que se convoca periodicamente (consulta aquí as convocatorias de formación) ou ben de maneira autodidacta, sempre tendo en conta o programa do CELGA ao que quere optar.

Na web dos CELGA hai materiais para a preparación das probas de cada nivel e modelos de exame por se os quere preparar pola súa conta. Ademais, na rede xa están dispoñibles materiais de axuda para a preparación dos Celga.
5. CURSOS PREPARATORIOS DOS EXAMES CELGA:
Os cursos preparatorios para o exame dos distintos niveis do Celga celebraranse ao longo de todo o ano. Para obter a información sobre datas concretas deberá poñerse en contacto co Gabinete Provincial de Normalización da provincia onde desexe realizar o curso preparatorio ou consultar as convocatorias de formación actuais.
Os cursos preparatorios impártense de maneira presencial, e a asistencia a eles non é obrigatoria. E como decimos máis arriba, a asistencia a ditos cursos non da dereito a obter un certificado.
6. VALIDACIÓNS:
Para obter un nivel Celga cómpre superar o exame correspondente. Cada CELGA é independente, polo que cada candidato pode presentarse ao nivel de certificación que queira conseguir. É dicir, para obter o CELGA 4 non se precisa obter o CELGA 3 e anteriores.
Por outra banda, non existe correpondencia entre os certificados de iniciación e perfeccionamento e os actuais Celga.
Pero a efectos da Función Pública galega, nas súas convocatorias de probas de acceso, contratacións laborais e concursos de traslado, o certificado de iniciación, de galego oral e mais o de perfeccionamento van manter a súa validez administrativa, ao pé dos novos Celga.

Para a valoración de méritos, naqueles casos en que proceda, e para o acceso á función pública galega, así como naqueles procedementos en que se esixa o coñecemento da lingua galega (agás para a obtención do Celga 5), terá a mesma validez posuír as certificacións de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación e perfeccionamento ca posuír as certificacións de aptitude dos Celga 1, Celga 3 e Celga 4, respectivamente.
Nas bases das convocatorias de oposicións e/ou concursos de méritos estableceranse os niveis de lingua esixidos como requisito e/ou como mérito.
A continuación preséntase, clasificada por niveis, a casuística de validacións (pincha en cada enlace):
VALIDACIÓNS CELGA 1
VALIDACIÓNS CELGA 2
VALIDACIÓNS CELGA 3
VALIDACIÓNS CELGA 4
VALIDACIÓNS CELGA 5
7. RECURSOS PARA PREPARAR AS PROBAS:
ENLACE http://www.lingua.gal/recursos/para-aprender-o-galego
FONTE:
Toda a información desta entrada foi extraida da Web CELGA da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia.
Toda a información desta entrada foi extraida da Web CELGA da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario