O mércores 11 de xuño dámoslles a benvida aos nosos alumnos de Educación Primaria dos centros adscritos. Un curso máis recibimos con moita ilusión aos novos compañeiros ensinándolles o centro a través dun percorrido guiado polos alumnos de 1º de ESO, escoitando unha amena presentación da ESO no salón de actos e disfrutando dunha exquisita merenda na cafetería do centro.
BENVIDOS E BENVIDAS!
Comparto no blogue o guión da presentación sobre a ESO no noso instituto:
O tríptico informativo que se traballa previamente cos orientadores de primaria:
E o vídeo LIPDUB de BENVIDA que realizamos no Departamento de Orientación no curso pasado, con moito traballo e ilusión. Para facelo contamos coa inestimable axuda dos alumnos de 1º ESO (que este ano están en 2º), dos profesores do centro, coordinados polo excelente compañeiro e profesor de Educación Física Alberto Santos. Tamén colaboraron alumnos doutros cursos, persoal non docente, da cafetería, ... , e o coello que nos guiou Alberto Angües.
Todo un exemplo de traballo en equipo!
Este vídeo ten como obxectivo convencer aos alumnos de primaria de que o instituto é XENIAL! Espero que vos guste.
E hai máis sorpresas que non imos desvelar ......
No hay comentarios:
Publicar un comentario