Páginas

miércoles, 9 de marzo de 2016

Características do BACHARELATO LOMCE

1. Os diferentes itinerarios de 1º e 2º de Bacharelato:

1ºBACHARELATO

2º BACHARELATO

2. Como se denominan as materias de 1º e 2º de Bacharelato:



3. Materias de 2º curso que esixen continuidade das de 1º curso: 




4. Principais características do Bacharelato LOMCE:

ACCESO: 
  • Estar en posesión do título de ESO.
  • Estar en posesión do título de Técnico Medio (Ciclo de FP de grao medio) ou título de Técnico Superior (Ciclo de FP de grao superior). 
  • O título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño e o título Técnico Deportivo permitirá o acceso a calquera das modalidades de Bacharelato.

PERMANENCIA: 
Catro anos.

ORGANIZACIÓN: 
As ensinanzas organízanse en materias troncais, específicas e de libre configuración. Estrutúrase en 3 modalidades
a) Ciencias. 
b) Humanidades e Ciencias Sociais (itinerario Humanidades e itinerario Ciencias Sociais)
c) Artes. 

ACCESO Á UNIVERSIDADE:
  • Ao finalizar Bacharelato, en caso de querer acceder a un grao universitario, haberá que superar unha proba de acceso, denominada ABAU (Avaliación de Bacharelato de Acceso á Universidade). 
  • Máis información sobre a ABAU no seguinte enlace. 

PROMOCIÓN E REPETICIÓN:
  • Para promocionar de 1º a 2º hai que superar as materias cursadas ou ter avaliación negativa en dúas materias, como máximo. En todo caso, deberán matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro.
  • Para a promoción só se computarán as materias que como mínimo o alumno ou a alumna deben cursar en cada un dos bloques. No bloque de materias de libre configuración autonómica só se computará Lingua Galega e Literatura, con independencia de que os alumnos e as alumnas poidan cursar máis materias do devandito bloque
  • Os alumnos e alumnas poderán repetir cada un dos cursos de Bacharelato unha soa vez como máximo, se ben excepcionalmente poderán repetir un dos cursos una segunda vez, previo informe favorable do equipo docente.
  • A consellería establecerá as condicións nas que un alumno ou alumna que cursase o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poida pasar ao segundo nunha modalidade distinta. Máis información no seguinte enlace.
  • Os alumnos e as alumnas que ao termo do segundo curso tivesen avaliación negativa nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas ou optar por repetir o curso completo.
  • Máis información no seguinte enlace.

TITULACIÓN:
  • O Título de Bacharel facultará para acceder ás distintos ensinanzas que constitúen a educación superior.
  • Para obter o título de Bacharel será necesaria unha avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de Bacharelato, así como unha cualificación final de Bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. 
ANULACIÓN DE MATRÍCULA:
  • O alumnado poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro docente, antes do 30 de abril, cando circunstancias de doenza prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
  • A solicitude, á que cumprirá achegar as xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro. No caso dos centros privados, a competencia da devandita anulación corresponderalle ao director ou á directora do centro público a que estea adscrito.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
  • Na organización dos estudos de Bacharelato prestarase especial atención aos alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo. Neste sentido, correspóndelle a Consellería establecer as condicións de accesibilidade e deseño universal e os recursos de apoio que favorezan o acceso ao currículo do alumnado con necesidades educativas especiais, e adaptar os instrumentos e no seu caso os tempos e apoios que aseguren unha correcta avaliación deste alumnado.
  • A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, flexibilizarase nos termos que determine a normativa vixente.
SAÍDAS DO BACHARELATO:
Enlace. 

Toda a información está elaborada e extraída a partir da seguinte lexislación:

3 comentarios:

  1. La Filosofía en 1º bachillerato tiene 3 horas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Efectivamente, pasó de 2 a 3 en entre el borrador y el Decreto final. Muchas gracias por el aviso. Ya está corregido.

      Eliminar
  2. He corregido unos errores en los cuadros de las materias específicas en los itinerarios de bachillerato. Gracias a Manu (@arrierreka), compañero de Filosofía, que me lo ha advertido. Mil gracias Manu :-)

    ResponderEliminar