Páginas

viernes, 6 de mayo de 2016

Protocolo de identidade de xénero para os centros educativos

A Consellería de Educación acaba de publicar un protocolo de actuación ante a diversidade sexual.  

Ademais dunha aclaración de termos, establece uns obxectivos e recomendacións para a a intervención e a protección dos menores en situación de cambio de identidade sexual. 

PROTOCOLO PARA ALUMNADO, FAMILIAS E PROFESORADO

Estes son algúns parágrafos destacados do protocolo:

"Toda persoa é clasificada no momento do nacemento como home ou muller o cal, nas
persoas transexuais, xera un conflito ao estar clasificadas dentro dun sexo que non
perciben como propio."

"A condición de persoa transexual non é deliberada ou
caprichosa. Tampouco é un trastorno mental nin do comportamento. É unha condición
coa que se nace, que pode manifestarse a partir dos dous anos e medio"

"É, polo tanto, un fenómeno biolóxico innato, dado que o cerebro é un órgano
sexuado cuxo criterio prima sobre todos os demais órganos, mesmo os sexuais e
reprodutivos. A identidade de xénero tamén reside no cerebro, formándose arredor dos
3-4 anos de idade. Unha vez determinada é irreversible e invariable."

"Se calquera membro do persoal docente observa nun/ha alumno/a, manifestacións
ou comportamentos repetidos e prolongados no tempo que revelen unha expresión
de xénero ou identidade sexual que puidese non coincidir co sexo asignado ao
nacer, sen que os seus representantes legais advertisen nada ao respecto, debe
informar á dirección do centro."

"Garantirase o seu dereito a elixir a propia imaxe, e a adaptar esta, tanto no vestir
como en calquera outro aspecto, ao xénero que sente como propio."

"Garantirase a difusión da realidade sobre a identidade de xénero entre a comunidade
educativa."

"Realizar actuacións de información e sensibilización sobre diversidade sexual e de
xénero dirixidas ao alumnado, con especial atención ao recoñecemento e
normalización da realidade transexual, incluíndo actividades de autocoñecemento,
coñecemento mutuo, empatía, aprecio e comunicación para favorecer a cohesión do
grupo."





No hay comentarios:

Publicar un comentario