Páginas

viernes, 23 de junio de 2017

A FP Dual en Galicia


Resultado de imagen de fp dual
Na Comunidade Autónoma de Galicia ofértase a modalidade de Formación Profesional dual.
Esta modalidad de FP combina os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.



REQUISITOS:
  • Ter 18 anos ou cumplilos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos ou para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
  • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

NÚMERO MÁXIMO DE PRAZAS: 
O establecido nos convenios subscritos entre a Consellería e a entidade colaboradora correspondente: www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual


LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • Cada persoa solicitante presentará unha única solicitude, que se entregará nun dos centros que teñan oferta de formación profesional dual autorizada, preferentemente no centro onde se imparta o ciclo que solicita.
  • Con carácter xeral, no mes de xuño de cada ano. Adicionalmente, en ocasións, pódese realizar a solicitude de matrícula noutros momentos do ano. No portal educativo www.edu.xunta.es/fp, na epígrafe "Coñece a FP", dispós de toda a información dos prazos de solicitude e da oferta de FP dual.
  • As persoas que soliciten un ciclo de formación profesional dual tamén poderán, se así o desexan, realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior no réxime ordinario ou para persoas adultas, na modalidade presencial ou a distancia.
  • As persoas admitidas nun proxecto de FP dual quedarán excluídas, no proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario ou no réxime para as persoas adultas. No caso de non seren admitidas en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos.
DOCUMENTACIÓN:
  • Solicitude de admisión.
  • Copia DNI ou NIE, no caso de non dar consentimento para a comprobación dos datos.
  • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito de Galicia, ao abeiro da L.O.E.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN: realizarase en 2 fases,

1ª) Fase de recollida de documentación e verificación dos requisitos, que se realizará polo centro educativo. Publicará relación persoas solicitantes e procederá ao envío da listaxe á entidade colaboradora.

2ª) Fase de selección das persoas admitidas, que será realizada pola entidade colaboradora. 

Finalizado o período de selección, no seguinte día hábil, o centro educativo publicará a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade e a listaxe de persoas non seleccionadas.

MATRÍCULA: 
A partir do seguinte día hábil desde a publicación das listaxes, na secretaría do centro correspondente, no prazo que se estableza para cada convocatoria. 

ENLACES: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario