¿Sabías que si tienes un título de Técnico o Técnico superior (FP de grado medio/ superior), o de Técnico en Música o Danza, puedes obtener el título de bachillerato superando solo unas materias? Lo explico a continuación:
Esta vía de obtención del bachillerato está regulada en la siguiente LEGISLACIÓN:
En el Real Decreto 562/2017, de 2 de junio, por el que se regulan las condicionespara la obtención de los títulos de Graduado en Educación SecundariaObligatoria y de Bachiller (Artículo 3).
En la Comunidad Autónoma de Galicia se regula cada año en las resoluciones e instrucciones que publica la Consellería a comienzos de curso para especificar las medidas adoptadas en el curso escolar entrante:
Aunque es una norma para todo el estado español, se deberá consultar cómo se concreta en cada Comunidad Autónoma.
Ahora voy a explicar los pasos a dar en Galicia para obtener el título de bachillerato por esta vía, por lo que me paso a mi lengua propia.
COMO SACARSE O TÍTULO DE BACHARELATO TRAS CURSAR UN CICLO DE FP OU AS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE MÚSICA/DANZA:
A Resolución do 11 de maio de 2018 expón o seguinte:
- No artigo 28 referíndose ós titulados de FP: O alumnado que estea en posesión do título de técnico ou de técnico superior de formación profesional e desexe obter o título de bacharel poderá matricularse unicamente das materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida e da materia de Lingua Galega e Literatura.
- No artigo 29 referíndose ós Técnicos de Danza ou Música: regúlase a posibilidade de cursar simultáneamente os dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de música e danza e as materias troncais xerais máis LG de bacharelato. Tamén se regula a posibilidade de que se estás a cursar 2º de bach, no momento en que teñas superadas as troncais xerais de 1º e 2º, máis a LG, e o título de técnico en Música o Danza, podes obter o título de bacharelato ainda que non teñas completados os cursos.
- No artigo 30, tamén referido ós Técnicos de Danza ou Música, regúlase a posibilidade de obter o título de bacharelato superando as materias troncais xerais máis LG.
- No caso de Galicia, nesa Resolución establécese que ademais é necesario acreditar estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente.
Cales son esas materias que hai que cursar?
Neste enlace podes consultar a distribución das materias de bacharelato en cada un dos cursos e según a modalidade.
Podes observar que en bacharelato temos que cursar catro materias troncais xerais en 1º e outras catro en 2º, ademais de Lingua e Literatura Galega I e II. Isto supón cursar un total de 10 materias. Tendo en conta que en bacharelato hai que cursar aproximadamente 20 materias, esta vía supón unha redución do 50%.
Ten en conta ademais que as materias de 2º son de avaliación condicionada á superación das de 1º, co cal mentres non superes as de 1º de bacharelato non poderás superar as de 2º curso (ver regulación). Nos seguintes cadros podes ver as materias que terías que cursar.
Como me matriculo en bacharelato?
Podes estudar bacharelato nun centro ordinario, ou no réxime de adultos, para maiores de 18 anos, na modalidade presencial, semipresencial ou a distancia no IES San Clemente.
O primeiro que debes facer é solicitar praza en bacharelato nos prazos xerais de admisión.
Unha vez admitido no centro desexado, deberás formalizar a matrícula, tamén nos prazos establecidos, e solicitar nese mesmo momento, que desexas utilizar algunha das vías que acabo de expoñer. Na solicitude has de expoñer que desexas cursar unicamente as materias xerais troncais máis LG I e II, e deberás adxuntar dous documentos:
- Documento acreditativo de estar en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente.
- Documento acreditativo de estar en posesión do título de técnico ou de técnico superior de formación profesional (no caso dos titulados en FP).
- Certificado da súa matrícula, nese ano académico, nalgún dos cursos quinto ou sexto das ensinanzas de profesionais de música ou de danza ou, de ser o caso, da documentación que acredite que superou as ensinanzas profesionais de música ou de danza (no caso dos técnicos en Música ou Danza).
Unha vez matriculado, cales son as normas de permanencia?
Tanto o alumnado que curse simultaneamente as ensinanzas de bacharelato e as ensinanzas profesionais de música ou de danza, como o que curse o bacharelato estando en posesión do título de técnico das ensinanzas profesionais de música ou de danza, ou de técnico ou técnico superior de formación profesional, terá as mesmas condicións de permanencia e promoción no bacharelato que o resto do alumnado. Estas condicións son as establecidas no artigo 35 do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Unha vez que titule, cal vai ser a miña nota media de bacharelato?
A Resolución do 11 de maio de 2018 establece o seguinte:
1. Para o alumnado que obteña o título de bacharel por estar en posesión dun título de técnico ou de técnico superior de formación profesional, a cualificación final será a media aritmética das cualificacións obtidas nas materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida e na materia de Lingua Galega e Literatura, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.
2. Para o alumnado que obteña o título de bacharel por estar en posesión dun título de técnico das ensinanzas profesionais de música ou de danza, a cualificación final será a media aritmética das cualificacións obtidas nas materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade cursada máis as cualificacións da materia de Lingua Galega e Literatura, e das materias dos cursos 5º e 6º das ensinanzas profesionais de Música ou de Danza na correspondente especialidade, expresada nunha escala de 0 a 10 con dous decimais, redondeada á centésima.
No caso do alumnado que accedese directamente a sexto curso das ensinanzas profesionais de Música ou de Danza, para o cálculo da nota media serán consideradas as cualificacións das materias do dito curso e das materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade cursada máis as cualificacións da materia de Lingua Galega e Literatura.
boas tardes:
ResponderEliminarno meu caso, finalicei os estudos das materias comúns do bacharelato no curso 2011/12, pero non obtiven o título xa que no rematei simultaneamente os estudos de música. Logo cursei un ciclo medio de fp, do cal obtiven título no curso 2015/2016. poderei actualmente (2019) obter o título de bacharelato de algunha maneira?
grazas