Páginas

martes, 30 de abril de 2019

Axudas STEMweek 2019 para alumnado de 3º e 4º de ESO

A Consellería convoca axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado de 3º e 4º de ESO.

O obxectivo destas axudas é realizar  actividades de formación para mellorar as competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

REQUISITOS:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicada unha praza obxecto desta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.

ACTIVIDADES CONVOCADAS:
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo ao sábado seguinte
COMPOÑENTES DA AXUDA:
A contía da axuda para cada persoa beneficiaria será o custo total da actividade:
a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
b) Os gastos de docencia e o material escolar.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de manutención e aloxamento.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

SOLICITUDES:
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros.
  • O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º. Nota media do expediente no curso 2017/18: ata 10 puntos.
2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.
3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos. 
4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista de grande invalidez dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 3 puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario