Páginas

jueves, 12 de mayo de 2022

Como reclamar as notas da ABAU 2023

Cando publiquen as cualificacións se non estás dacordo, dispós de tres días para presentar unha solicitude de revisión en NERTA.
Pódese solicitar a revisión da cualificación obtida nun ou en varios exames. Neste proceso de revisión as modificacións das cualificacións poden ser tanto á alza como á baixa.

A reclamación ás cualificacións da ABAU consiste nun proceso único de revisión que consta de tres fases. Cada exame pasará por unha primeira (P) e segunda (S) corrección e, en función do resultado, pasará a unha terceira (T) revisión. 
Aquí explicamos os pasos a seguir deste proceso único de reclamación:


1º PASO: Primeira revisión.
No prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar revisión da cualificación nun ou varios exames.
Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”. 
Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.
2º PASO: Segunda corrección. 
A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distindo ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”. Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.
3º PASO: Terceira corrección. 
Trala corrección anterior, no suposto de que existise unha diferencia maior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro profesor/a especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Neste caso a cualificación definitiva será a media aritmética entre as tres cualificacións: P, S e T (P+S+T)/3.
Todo este procedemento deberá efectuarse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir do día en que remata o prazo para solicitar a revisión.

Cualificación indicada coa letra P
Primeria corrección.
Cualificación provisional
Cualificación indicada coa letra S
Segunda correcion.
A cualificación resultante será a media entre P e S
Cualificación indicada coa letra T
Terceira corrección.
A cualificación resultante será a media entre P, S e T.
Cando solicito a revisión?

O prazo para solicitar a revisión da ABAU 2023p será:
  • Para os que se presentaron en xuño:  As notas publícanse o 16 de xuño, así que a revisión será do 16 ó 20 de xuño (ata as 14:00 h.)
  • Para os que se presentaron en xullo: As notas publícanse o 20 de xullo, así que a revisión sera do 20 ó 24 de xullo (ata as 14:00 h.)

Como solicito a revisión?
A solicitude de revisión faise para cada exame a través da aplicación Nerta. Deberás gardar copia da túa solicitude en calidade de resgardo e xustificación de presentación desta.

Podo ver o exame?
O estudante ten dereito, previa solicitude, a ver os exames corrixidos na data e lugar indicados, unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de revisión.

A consulta dos exames realizarase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura (sede da CiUG)
Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xuño, poderá facerse a solicitude entre o 22 de xuño (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD. Os exames poderán consultarse o ...de xullo a partir das ...h.
Para solicitar a consulta dos exames, dos que se presentaron en xullo, poderá facerse a solicitude o 24 de xullo (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente no LERD. Os exames poderán consultarse o ...de xullo a partir das ....h.
Para consultar os exames hai que presentar un formulario no LERD que corresponda. 

E se non estou dacordo coa cualificación definitiva despois do proceso de revisión?
Contra a resolución adoptada pola CiUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CIUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.

Este proceso está regulado na convocatoria ordinaria/extraordinaria da ABAU 2023, publicada pola CIUG neste enlace: 

















1 comentario: