- Toda a información sobre proceso de admisión publícase na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Tamén poderá consultarse nos taboleiros dos centros educativos.
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, en caso de duplicidade de solicitude esta suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (o último día para a renuncia da reserva é o 29 de febreiro).
- No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Comisión de Escolarización ou Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
INSTRUCIÓNS PARA A SOLICITUDE:
RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO:
- O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado (ED550A).
- O prazo de presentación estará comprendido entre os días 15 de xaneiro e o 5 de febreiro.
- O formulario normalizado está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”.
- O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través da aplicación “admisionalumnado” ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario normalizado normalizado de solicitude (Formulario ED550B).
- O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 20 de marzo.
- Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
- O formulario normalizado está dispoñible na aplicación “admisionalumnado”.
- Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.
CRITERIOS DE ADMISIÓN:
SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO PARA RESOLVER OS EMPATES:
- Anuncio do sorteo: 27 de febreiro ás 11´00h.
- Resultado do sorteo 2024:
- Para resolver o empate na puntuación final no curso 2024/2025, terase en conta o número 0´70, resultante do sorteo público, dividido entre 100 (70/100).
- Este número multiplicarase polo número de solicitudes que resulten empatadas en cada centro e curso, e o resultado da multiplicación redondearase á alza.
- O número enteiro obtido determinará a solicitude que ocupará o primeiro lugar e, a partir desta, a orde das sucesivas solicitudes empatadas, previamente ordenadas de forma ascendente e correlativa con base no número aleatorio asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación no sistema.
INFORMACIÓN ESPECÍFICA PARA A SOLICITUDE DE PRAZA EN BACHARELATO:
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO:
- Resérvase ata o final do prazo de matrícula un mínimo do dez e un máximo dun quince por cento de postos escolares por unidade para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
- O número de postos escolares por unidade reservados ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo no primeiro curso de cada etapa (4º de infantil, 1º de primaria e 1º de secundaria obrigatoria) será de 3.
- Na solicitude de admisión os pais ou representantes legais deberán manifestar expresamente que ocupan unha praza reservada para alumnado con NEAE.
- Xunto coa solicitude deberán achegar a documentación xustificativa das circunstancias manifestadas.
- Os centros deberán remitir as solicitudes xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial no prazo máximo de 10 días hábiles á xefatura territorial, para a súa valoración no Equipo de Orientación Específico.
Para estimar as vacantes en cada un dos niveis, o número de alumnos/as por unidade é o seguinte:
DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:
- 4º curso de EI: 20 por unidade.
- No resto dos cursos de EI e EP: 25 por unidade.
- ESO: 30 por grupo.
- Bacharelato: 33 por grupo.
- No curso 2024/25 iniciarase o calendario de aplicación cunha ratio máxima de 20 alumnos/as en 4º de educación infantil. Esta ratio máxima de 20 alumnos/as por aula aplicarase de forma progresiva nas etapas de educación infantil e educación primaria nos sucesivos cursos.
- As ratios máximas na ESO e no bacharelato serán de 25 e 30 alumnos/as por aula, respectivamente. A negociación do calendario de aplicación nestas etapas iniciarase coincidindo co remate da aplicación das novas ratios na etapa de educación infantil.
- Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %, cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada computará, para os efectos desta ratio, como dous.
- Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65 % ou cun grao II ou III de dependencia acreditada computará, para os efectos desta ratio, como tres.
- Computará, para os efectos de ratios, o alumnado repetidor.
- Nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas educativas serán de aplicación as ratios recollidas no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009.
NORMATIVA:
- Instrucións do proceso de admisión 2024/2025 na web da Consellería de Educación.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Na web da Consellería e na aplicación.
- Nos propios centros educativos.
- Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/inspeccioneducativa
No hay comentarios:
Publicar un comentario